Xénero e Diversidade

Estratexia para a igualdade de xénero e diversidade

A Estratexia de xénero e diversidade do IGFAE trata de poñer en marcha e realizar un seguimento das medidas dirixidas a incentivar e fomentar a igualdade de xénero e diversidade no acceso, presenza, promoción e representación no ámbito do instituto. Este documento realizouno o Grupo de Traballo de Xénero e Diversidade do IGFAE e foi aprobado pola Xunta de Goberno o 6 de xullo de 2021. A estratexia, en castelán, atópase na seguinte ligazón:

Estratexia para a igualdade de xénero e diversidade do IGFAE (PDF)

Outros documentos de interese:

III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC

Background

Actividades

– Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Masterclass de física de partículas para rapazas (2019, 2020 e 2022), Mesa redonda: “De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia” (2021) e Christiane, bio-musical científico (2022).
Minorías en ciencia: conversas sobre igualdade e inclusión entre viños e cervexas (2019)
Debate: “Física: unha ciencia sen xénero?” (2020)
– “Transfronteirizas: conversas de arte e ciencia” con Rosa Montero (2020), Marta Macho (2021) & Anna Figueiredo (2021).
“Recordando a Lise Meitner” (2022)

Colaboracións

– En xuño de 2020, o IGFAE uniuse á rede XENERA (Rede de Igualdade de Xénero en Física no Espazo Europeo de Investigación), cuxo obxectivo é apoiar, coordinar e mellorar as políticas de igualdade de xénero nas organizacións de investigación en física en Europa e no mundo. Por iso, IGFAE participou nunha proposta COST, BIRDIE.