Presentación

Dende o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) creemos que é esencial promover o acceso e participación plena e equitativa de todas as persoas na ciencia. Por este motivo, levamos cinco edicións sumándonos cada 11 de febreiro ao “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” proclamado por la Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O próximo venres 10 de febreiro de 2023 celebraremos a IV  Masterclass de física de partículas dirixida exclusivamente a alumnas de 1º bacharelato de institutos de Galicia. Impartiranse unha serie de conferencias introdutorias á Física de Partículas actual e farase unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente.

Os obxectivos da xornada son, por unha banda, achegar a física ás alumnas a través das propias investigadoras do IGFAE, visibilizando o seu traballo e actuando como referentes femininos para as novas xeracións de científicas. Por outra banda, preténdese poñer de manifesto que moitas mulleres pertencentes a diferentes culturas, países, clases, etnias e condicións fixeron grandes aportacións á ciencia dende os espazos que conseguiron ocupar, pero non se coñecen. Polo que farase unha pequena charla-coloquio sobre mulleres científicas invisibilizadas que supoñen un exemplo de inspiración e superación das diferentes barreiras que estas tiveron (e teñen) que facer frente ó longo da carreira científica.

O número de prazas está limitado a 40 e 2 alumnas de 1º de bacharelato por instituto. Consideramos que esta xornada se podería convertir nun incentivo para decantarse por carreiras científicas, polo que pedimos que se teña en conta este criterio na súa selección. Ademáis, dado que a discusion dos resultados será en inglés, esto tamén se debería ter en conta. A selección das candidatas deixámola enteiramente á súa discrecionalidade. O/A profesor/a acompañante das estudantes pode asistir e incluso participar activamente na masterclass, se así o desexa. Deberá indicalo no formulario de inscripción que estará aberto ata o 27 enero ás 23:59 h. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada. O IGFAE farase cargo da manutención.

Sen ningunha dúbida, esta será unha experiencia inesquecible para as alumnas, onde terán a oportunidade de acercarse ó método científico mediante un pequeno simulacro do que supón a día a día dunha científica, ademáis de adquirir coñecemento sobre a historia das mulleres na ciencia.

Consulta o programa completo da masterclass

Nos últimos anos a comunidade internacional está levando a cabo políticas educativas e científicas para promover a participación de mulleres e de nenas no ámbito científico. Sen embargo, queda moito camiño por percorrer. Nos últimos 35 anos, o número de estudantes matriculados e egresados en física diminuíu, aínda que nos últimos recuperouse un pouco, máis entre os alumnos que entre as alumnas, como se mostra no estudo presentado no I Encontro Nacional Virtual de Alumnas de Física (gráfico), celebrado o 12 de xullo de 2021. Datos similares obsérvanse noutras disciplinas como Informática, Matemáticas e as enxeñerías (STEM), nas que as porcentaxes de alumnas durante os últimos 20 anos están en claro retroceso.

Organizan:

  • Lidia Carcedo Salgado
  • Martina Feijoo Fontán
  • Clara Landesa Gómez
  • Ana Lorenzo Medina
  • Alicia Muñoz Ramos
  • Sara Sellam
  • Paula Velasco Sánchez
  • Verónica Villa Ortega

Esta xornada nace como froito da colaboración do IGFAE co “Grupo Internacional de Divulgación de Física” (promotores da mesma) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

Actividades do IGFAE anteriores polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Masterclass de física de partículas para rapazas (2019, 2020 e 2022), Mesa redonda: “De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia” (2021) e Christiane, bio-musical científico (2022).