Innovación, Coñecemento e transferencia de tecnoloxía

INNOVACIÓN, COÑECEMENTO E TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA

O IGFAE é un centro de investigación de referencia cun convenio colectivo propio que favorece a conciliación da vida laboral e familiar, a promoción, a formación e o desenvolvemento profesional, incluíndo as accións de innovación, coñecemento e transferencia de tecnoloxía. Para este último obxectivo, a Unidade KTT do IGFAE asegura que calquera investigador ou investigadora que se incorpore ao noso equipo terá todos os recursos ao seu alcance. A Unidade KTT apoia ao persoal investigador do IGFAE na procura de conexións coa industria, accións de protección intelectual ou creación de spin-offs/ start- ups. Temos un compromiso coa Innovación, a Transferencia de Tecnoloxía e o Emprendemento como unha das principais vías de formación profesional da comunidade universitaria.

O equipo da Unidade KTT está capacitado para identificar resultados de investigación transferibles, avaliar o potencial comercial, a propiedade intelectual, xestionar os contratos de transferencia de resultados, apoiar e asesorar as iniciativas industriais, a formación de executivos, e tamén proporcionar formación relacionada con KTT. Ademais, a nosa Unidade de KTT mantén unha estreita colaboración coa área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, que é o servizo encargado da difusión e promoción da cultura KTT entre a comunidade universitaria, entre outros.

Para consultas de KTT, contacta ao responsable da Unidade de Innovación, Coñecemetnto e Transferencia de Tecnoloxía, Pablo Cabanelas, en:

Email: pablo.cabanelas@usc.es
Tel: +34881813636