A colaboración LHCb aproba un prototipo de superordenador mais potente e eficiente que contou coa participación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y la Xunta de Galicia. Unha vez construido, utilizarase pra procesar a enorme cantidade de datos que espera volver a tomar o experimento cando retome a súa actividade en 2021

O Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN e tódolos seus experimentos están apagados dende finais de 2018 pra introducir unha serie de melloras que entrarán en funcionamento no terceiro periodo, denominado Run 3, a partires de 2021. O LHCb, un dos seus experimentos, espera poñerse en marcha de novo e rexistrar  mais colisións  por segundo, xerando unha enorme cantidade de datos que se ían procesar  cunha grande cantidade de CPUs. Mais varios científicos do LHCb idearon unha alternativa máis eficiente e con maior potencia de cálculo, baseada en tarxetas gráficas (GPU), como as que se usan na industria dos videoxogos.

A proposta, liderada por Daniel Cámpora, de NIKHEF (Amsterdam, Países Baixos), e codirixida por Roel Aiij (NIKHEF) e Dorothea Von Bruch (Sorbonne, París),  contou cunha contribución importante dun equipo do IGFAE, composto por Alexandre Brea, Adrián Casais, Xoan Mayo, Diego Martínez Santos e Christopher Parkinson (actualmente investigador Marie Curie en Lovain , Bélxica). Para demostrar a viabilidade da proposta, construíuse un prototipo, aportado principalmente entre o equipo da USC e o de Sorbonne Universite.

O éxito das probas feitas no prototipo levou á colaboración LHCb a aprobar finalmente esta alternativa baseada en GPUs, debido á súa maior potencia de cálculo e o moito menor custo. Unha vez construído, este superordenador -bautizado como Allen, en honor a Frances Allen, informática pioneira no campo de optimizar compiladores– alcanzará unha potencia de 6 PFLOPS, convertíndose no mais potente do CERN,  e probablemente entrando no top 50 mundial.

Mais información:

“Allen: A high level trigger on GPUs for LHCb” Comput. Softw. Big Sci. 4 (2020) 1, 7.
DOI: 10.1007/s41781-020-00039-7

“Upgrade GPU High Level Trigger”,  CERN-LHCC-2020-006

A foto mostra unha pequena parte do prototipo de Allen, instalado no CERN. O prototipo completo monta 10 unidades como a que se mostra na imaxe. Crédito. IGFAE.