O experto criminalista arxentino, cuxos recoñecidos métodos de investigación axudaron a resolver casos de transcendencia internacional e foron incluídos na serie CSI Miami, participará no 11º coloquio do ciclo ‘Transfronteirizas’ conversas de arte e ciencia” do ArtLab do IGFAE o 29 de setembro ás 19:00 horas (de Santiago de Compostela). O evento emitirase en directo en Youtube e moderarao o investigador do IGFAE José Edelstein

Son bastante coñecidas as aplicacións da investigación en física na medicina, a industria enerxética, as tecnoloxías da información ou a conservación e restauración de obras de arte. Quizáis non tanto da física forense. Esta ciencia axuda ás autoridades xudiciais a esclarecer accidentes de tráfico, desaparicións ou crímes utilizando métodos científicos e os avances tecnolóxicos propios da física. Algúns exemplos destacados son a identificación de persoas a través do ADN, o uso de técnicas espectrográficas na determinación de substancias prohibidas (drogas ou explosivos) ou a análise por activación neutrónica para localizar contaminantes en cantidades mínimas. A física forense cruzouse no camiño de Rodolfo Pregliasco a finais dos 90 e desde entón se dedica a este campo que compartirá co público no próximo diálogo do ciclo online ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’. O encontro, organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, será o próximo 29 de setembro ás 19:00 horas e poderá seguirse a través da canle de Youtube do IGFAE.

Todos podemos violar as leis dos homes, pero ninguén pode escapar ás leis da física”

Doutor en Física pola Universidade de Buenos Aires (UBA), Rodolfo Pregliasco é na actualidade é investigador do CONICET –o CSIC español– e director do Grupo de Física Forense do Centro Atómico Bariloche (Arxentina). Xunto con Ernesto Martínez, o seu mentor, participou en numerosos casos, utilizando novas aplicacións creativas da ciencia no ámbito forense. Desenvolveu a técnica de ecolocación de disparos a partir do son rexistrado nunha cámara, que permitiu situar a orixe duns disparos que terminaron coa vida dunha muller en Arxentina durante uns disturbios en 1997.  Este método oficializouse como ferramenta profesional en 2002 ao ser publicado na Journal of forensics sciencies da Asociación de peritos forenses de EE. UU. e foi incluído nun capítulo da serie estadounidense CSI Miami. Editou, xunto con Leonardo Saccomanno, a primeira parte do “Manual de Evidencia Científica” destinado a operadores do poder xudicial, que é un manual de consulta solicitado polo superior tribunal da provincia de Río Negro, en Arxentina. É director do Grupo de Física Forense do Centro Atómico Bariloche e membro do Comité Asesor do Programa de Ciencia e Xustiza do CONICET.

Sumando disciplinas: periodismo, música, poesía, divulgación, feminismo, historia…

Organizado polo ArtLab do IGFAE, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se invitan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia con Rosa Montero, polo ciclo pasaron personaxes como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.