Accesibilidade

Para o Instituto Galego de Física e Altas Enerxías ( IGFAE), a accesibilidade foi e é un factor chave no que se refire á estruturación, modernización e actualización dos contidos do sitio web. Este último conforma un nexo entre a actividade do centro e os usuarios, que posúen pleno dereito de acceso a todos os contidos que integran a plataforma.

Cabe puntualizar, ademais, que a accesibilidade nos sitios web está recoñecida pola Administración Pública e posúe carácter legal:

A Lei de Servizos da Información e Comercio Electrónico (Lei 34/2002, de 11 de Julio entrando en vigor o 12 de Outubro de 2002 – LSSICE) indica que se terán en conta as NORMAS UNE 139801:2003, UNE 139802:2003 e sobre todo UNE 139803:2004, ademais das directrices do WAI (Web Accessibility Initiative) que son consideradas, pola Unión Europea, normas “de facto”. Estas normas teñen en conta a accesibilidade para todos.

Con todo isto, desde o IGFAE asumimos as seguintes liñas de actuación para garantir un correcto acceso á información do noso sitio web:

  • Os contidos e os compoñentes deben ser asumidos polos usuarios, no sentido de que teñen que ser percibidos.
  • A información e a disposición dos datos debe ser, na medida do posible, clara e directa, asegurando a súa comprensibilidade.
  • A navegación a través dos compoñentes da páxina web debe atender á operatividade.

Doutra banda, e en consonancia con estes obxectivos, é noso deber recoñecer o dereito das persoas con capacidades múltiples para acceder á información en igualdade de condicións. Por esta razón, unha das nosas principais liñas de traballo é eliminar aquelas barreiras que poidan dificultar, obstaculizar ou entorpecer esta tarefa. A nosa pretensión é adaptar os contidos co obxecto de que sexan accesibles polas persoas con diversidade funcional, independentemente das súas capacidades.

Atendendo a tal fin, traballamos en certos aspectos. Un deles é a eliminación da carga automática dos arquivos sonoros. Desta forma, contribuímos a que as persoas con discapacidades auditivas poidan acceder a toda a información do sitio web.

Outro dos nosos enfoques para mellorar a accesibilidade no noso sitio web foi facilitar a navegación a través dunha serie de teclas especiais que favorecen a navegación. Estas opcións de acceso rápido son as que se indican a continuación:

(…)

Finalmente, rogamos que se nalgunha páxina do noso se centro se identifíca algún elemento que non cumpre co anteriormente estipulado se nos comunique canto antes. Poderá facerse a través do correo electrónico communication@igfae.usc.es indicando no asunto un breve resumo do problema seguido da categoría “Accesibilidade”. Exemplo: “Accesibilidade – Reprodución automática de arquivos sonoros”