O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organiza uhna nova edición da Masterclass dirixida ás alumnas de bacharelato o próximo 11 de febreiro con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A xornada, promovida polo CERN e o Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas, ten por obxectivo promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico.
Asegurar a igualdade en ciencia supón aproveitar o talento de toda a poboación. Isto é dunha importancia vital nunha época na que a Ciencia e a Tecnoloxía son decisivas para atopar solucións a moitos dos retos ós que se enfrenta a humanidade, tales como a crise enerxética, mediambiental, alimentaria ou financeira.
Nos últimos anos a comunidade internacional está levando a cabo esforzos dirixidos a promover a participación de mulleres e de nenas no ámbito científico. Sen embargo, un estudo levado a cabo en 14 países revela que a probabilidade de que estudantes femeninos obteñan unha carreira científica son de 18 % no grao, frente o 37 % masculino. Esta porcentaxe de alumnas cae ata un 8 % e un 2 % se falamos dun Máster ou un doutorado, frente os respectivos porcentaxes do 18 % e 6 % do alumnado masculino.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cree que é esencial promover o acceso e participación plena e equitativa de todas as persoas na ciencia. Movida por este mesmo principio de equidade, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”. Por segundo ano consecutivo, o IGFAE súmase a esta efeméride cun evento evento dirixido ás alumnas de bacharelato.
Na xornada ou “Masterclass” levaranse a cabo actividades relacionadas coa Física de Partículas, nunha actividade que nace como froito da colaboración do IGFAE co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” (promotores da mesma) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).
Os obxectivos da actividade son, por unha banda, acercar ás alumnas de Bacharelato o traballo das investigadoras do instituto, visibilizando así a labor científica levada a cabo por mulleres e fomentando as vocacións das nenas. Impartiranse unha serie de conferencias introductorias da Física de Partículas actual. Ademáis, farase unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente.
Por outra banda, con esta xornada preténdese poñer de manifesto o feito de que moitas mulleres pertencentes a diferentes cultura, país, clase, etnia e condición fixeron grandes aportacións á ciencia dende os espazos que conseguiron ocupar. Polo que farase unha pequena charla-coloquio de historias invisibilizadas de mulleres científicas, que supoñen un exemplo de inspiración e superación das diferentes barreiras que estas tiveron (e teñen) que facer frente ó longo da carreira científica.
Sen ningunha dúbida, esta será unha experiencia inesquecible para as alumnas, onde terán a oportunidade de acercarse ó método científico mediante un pequeno simulacro do que supón a día a día dunha científica, ademáis de adquirir coñecemento sobre a historia das mulleres na ciencia. O número de estudantes está limitado a 40, polo que gustaríanos contar con duas estudantes de 1º de Bacharelato do seu instituto. Consideramos que esta actividade se podería convertir nun incentivo para decantarse por carreiras científicas, polo que pedimos que se teña en conta este criterio na súa selección. Ademáis, dado que a discusion dos resultados será en ingles, esto tamén se debería ter en conta.
A organización farase cargo da manutención (xantar). O/A profesor/a acompañante das estudantes pode asistir, e incluso participar activamente na xornada, se así o desexa. Deberá indicalo na solicitude (para reservar o xantar).
Se desexan participar nesta experiencia deben enviar o formulario de inscrición electrónico que se atopa nesta web (https://igfae.usc.es/masterclass_women_in_science/), cos datos requiridos, antes do venres 17 de xaneiro de 2020 ou completar inscricións. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada. Aqueles centros cuxas solicitudes que non poidan ser atendidas nesta ocasión, terán prioridade para enviar alumnas na vindeira edición.