No marco do “IX Encontro Ibérico de Ondas Gravitacionais”(IGWM2019) organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) entre o 3 e 5 de xuño en Santiago de Compostela, o director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, Bernard F. Schutz, ofrecerá unha charla pública o vindeiro luns, 3 de xuño, na aula Magna da Facultade de Física da USC ás 19:30 horas.
A detección de ondas gravitacionais da fusión de dúas estrelas de neutróns moi afastadas por LIGO e Virgo en 2017 inicia unha historia sorprendente: como estas ondas proporcionaron os ingredientes esenciais para a evolución da vida na Terra. A historia comeza cunha fusión e explosión similares que ocorreron bastante máis preto, e xusto antes de que se formase o Sol. Nela creáronse tódolos os elementos pesados existentes na Terra, incluído o uranio 238 e o torio 232. A calor xerada polas continuas desintegracións destes dous isótopos no interior do noso planeta foi crucial para a evolución, e é a razón pola que os animais máis intelixentes evolucionaron na terra e non nos mares. Sen as ondas gravitacionais de Einstein, que provocaron, hai moito tempo, que este par de estrelas de neutróns orbitasen en espiral ata colisionar, os seres humanos non teríamos evolucionado neste planeta.
- Lugar: Facultade de Física (USC).
- Día: 3 de xuño de 2019
- Hora: 19:30 h
- Entrada gratuíta ata completar aforo
- Idioma da charla: inglés
Iberian Gravitational Waves Meeting
O IGWM2019 é un congreso internacional organizado anualmente por diferentes grupos da península ibérica interesados no estudo das ondas gravitacionais co obxectivo de reunir á comunidade experimental e teórica deste campo, ademáis de presentar os últimos avances teóricos, instrumentais e de análise de datos realizados desde o último encontro.