As 10 axudas estás destinadas a estudantes de grao que desexen realizar prácticas formativas de inicio á investigación nunha das áreas do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías durante un mes

O IGFAE lanza a primeira edición do seu programa de bolsas de verán de inicio á investigación, ofrecendo 10 axudas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora. As persoas beneficiarias realizarán prácticas formativas extracurriculares e terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas de investigación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías baixo a supervisión dun investigador ou investigadora principal. Ademais, durante a súa estancia poderán participar nas súas actividades científicas e formativas.

As bolsas están dotadas con 750 € máis unha axuda de desprazamento cun importe máximo de 500 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes na comunidade galega. As bolsas terán unha duración dun mes e desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto ou setembro.

REQUISITOS

  • Estar cursando estudos correspondentes ao último ou penúltimo curso de calquera titulacións no Espazo Europeo de Educación Superior ou en calquera sistema universitario. Se reservan 8 bolsas para estudantes dos graos en Física, Matemáticas, dobre grao Matemáticas-Física, enxeñarías ou titulacións equivalentes.
  • Ter superado o 55% dos créditos da titulación.
  • Ter unha nota media do seu expediente académico igual ou superior a 8 puntos sobre base 10.

SOLICITUDES

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario de solicitude dispoñible no seguinte enderezo https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/InvestigacionBolsasVeranIGFAE.htm dirixido ao Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D ou por calquera dosmedios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a seguinte documentación:

  • Copia da certificación ou expediente académico do grao ou título equivalente no que consten as cualificacións obtidas e con expresión da nota media en base 10obtida nos estudos oficiais que estea cursando ou cursara a persoa solicitante. No suposto de ter realizado estudos no estranxeiro nun idioma diferente aoinglés, a dita certificación deberá presentarse coa tradución oficial ao español ou galego.
  • Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2018/2019 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente.
  • Currículum vítae da persoa solicitante.
  • Carta de motivación coa expresión do interese na obtención da bolsa. Coa presentación da solicitude as persoas solicitantes asinarán unha declaración responsable manifestando que a documentación achegada e a información declarada é veraz e comprometéndose a achegar a documentación orixinal no caso de que lles fose requirida en calquera momento do proceso de selección ou durante o goce da bolsa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de xuño de 2019

AVALIACIÓN

A ordenación das solicitudes farase de acordo cos seguintes criterios, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos:

  • Os expedientes académicos das persoas solicitantes, que suporán o 70% da valoración obtida.
  • O currículum vítae presentando, no que se terán en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado suporá o 20% da valoración obtida.
  • A expresión de interese das persoas aspirantes formulada na carta De presentación, que suporá o 10% da valoración obtida.

Máis información nas bases reguladoras ou enviando un correo a communication@igfae.usc.es indicando no asunto BOLSAS DE VERÁN.