A formación en Física de Altas Enerxías, Física de Astropartículas e Cosmoloxía ou Física Nuclear, cunha forte énfase na dimensión internacional, foi sempre unha actividade crave no Instituto. O noso programa de doutoramento en Física de Partículas e Nuclear ofrece unha formación de primeiro nivel a mozos licenciados en Física e áreas afíns interesados en iniciar unha carreira científica nalgún dos temas incluídos nos nosos Programas de Investigación.
O acceso ao programa de doutoramento segue as normas da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.gal/gl/estudos/doutoramentos). Convidamos a todas as persoas candidatas interesadas a que se poñan en contacto connosco para informarse en phd_program@igfae.usc.es. Algúns temas específicos para as teses son: