A colaboración LIGO-Virgo-KAGRA entregou na súa reunión celebrada a semana pasada en Chicago o premio ao mellor póster presentado por unha estudante a Verónica Villa Ortega, investigadora predoutoral no programa de ondas gravitacionales do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
Co título Rapid Estimation of Binary Source Properties via Post-Newtonian Parameter Space, o traballo de Verónica Villa foi o gañador na categoría “análise de datos/teoría” de entre as 80 propostas presentadas.
Tras graduarse en Física na Universidad de Valladolid e obter o máster en física, con especialización en física nuclear e de partículas na USC, Verónica está a realizar a súa tese doutoral no IGFAE baixo a dirección do investigador Thomas Dent. Neste traballo, analiza as ondas gravitacionales ‒engurras en espazo-tempo‒ que se producen cando se fusionan dous obxectos compactos como buracos negros ou estrelas de neutróns.