O físico cuántico, investigador e divulgador participará o xoves 17 de decembro ás 18:00 horas no sexto diálogo do ciclo organizado polo IGFAE. Moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC Javier Mas, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
José Ignacio Latorre é un dos físicos españois máis recoñecidos no campo da física cuántica, a teoría máis precisa ata a data que describe a natureza no seu nivel máis íntimo e fundamental. Quizais, investigar como dúas partículas separadas entre si manteñen as mesmas propiedades a través dunha conexión “invisible” é o que lle motiva a explorar outro tipo de entrelazamentos: o da esfera científica e humanística. Libros, documentais ou exposicións como a recente e exitosa Cuántica do CCCB en Barcelona reflicten o seu interese en tecer pontes entre ambos os mundos. Nesta ocasión, Latorre farao no sexto encontro do ciclo ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ xunto ao investigador e físico teórico do IGFAE Javier Mais. O vindeiro xoves, 17 de decembro, ás 18:00 horas (España), dialogarán en torno ao triángulo que debuxan a ciencia, a arte e a ética das tecnoloxías cuánticas na sociedade do futuro. O público poderá seguir e participar coas súas preguntas e reflexións neste directo emitido polo canal de Youtube del IGFAE.
José Ignacio Latorre (Barcelona), doutor en teoría da cromodinámica cuántica, deixou este ano o seu posto de catedrático de Física Teórica na Universidade de Barcelona para crear o Technology Innovation Institute (Abu Dhabi) e dirixir o Center for Quantum Technologies (Singapura). Creador e emprendedor, fundou o Centro de Ciencias de Benasque “Pedro Pascual”, unha referencia internacional de encontros científicos de máximo nivel onde á ciencia súmaselle ocasionalmente a arte, en busca dunha fertilización cruzada. Ademais de ser un dos introductores da Teoría da Información Cuántica en España, Latorre compaxina o seu labor investigador co comisariado de exposicións, libros como Cuántica, tu futuro en juego ou Ética para máquinas, ou a produción de documentais. É un científico aberto ao humanismo interesado en conectar a ciencia fundamental co progreso social utilizando todas as vías e formatos posibles. Defende que debemos prepararnos para un futuro máis complexo e próximo do que pensamos.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ( IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que convidamos a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Rosa Montero, José “Pepe” Gordon, Ricardo Gurriarán, Javier Ruibal e Alejandro Dolina xa participaron nesta iniciativa que se insere dentro do programa ArtLAB, cuxo obxectivo é tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
Máis información:
- El escritor, músico, actor, conductor de radio y televisión argentino, Alejandro Dolina, participará en el quinto diálogo del ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Física cuántica y astronomía con el músico Javier Ruibal en el próximo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Schrödinger en Santiago y otras anécdotas científicas con el historiador Ricardo Gurriarán, próximo invitado del ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- El escritor y periodista mexicano José Gordon, próximo invitado del ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Rosa Montero iniciará este viernes “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Canal de Youtube del IGFAE
Máis actividades do programa ArtLAB:
- Cosmoloxías
- Arte y ciencia protagonizan la segunda jornada de la Semana de la Ciencia con Ágnes Mócsy
Esta actividad foi cofinanciada con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.