ue son as estrelas de bosones? Poderiamos detectalas xa mediante ondas gravitacionais? Para responder a estas cuestións, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) estrea o primeiro dunha triloxía de vídeos divulgativos en colaboración coa canle de Youtube do físico José Luis Crespo, alias Quantum Fracture.
Co título “Descubrimos un Obxecto Astronómico Novo? | As Estrelas de Bosóns”, Juan Calderón Bustillo, (investigador Marie Curie “la Caixa junior leader”), Thomas Dent (coordinador do programa de ondas gravitacionais do IGFAE) e Verónica Villa Ortega (estudante de doutoramento deste programa) participan nesta peza audiovisual para explicar un traballo liderado polo primeiro destes, publicado en Physical Review Letters recentemente. Este estudo propón que a colisión de buracos negros máis masiva xamais observada, que produciu a onda gravitacional GW190521, podería ser algo aínda máis misterioso: a fusión de dúas estrelas de bosóns.
Referencias:
- Juan Calderón Bustillo, Nicolas Sanchis-Gual, Alejandro Torres-Forné, José A. Font, Avi Vajpeyi et al. “GW190521 as a merger of Proca stars: a potential new vector boson of 8.7 × 10−13 eV”. Phys. Rev. Lett 126, 081101
https://journals.aps.org/prl/abstract/10.1103/PhysRevLett.126.081101 - Nota de prensa: Unha fusión de estrelas de bosóns podería explicar a colisión de buracos negros máis masiva xamais observada e probar a existencia da materia escura
Este vídeo foi cofinanciado con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.