O cantautor e guitarrista Javier Ruibal participará o martes 27 de outubro ás 20:00 horas no cuarto diálogo virtual do ciclo organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
Un compositor orixinal e inclasificable como Javier Ruibal non podía faltar na nosa iniciativa máis multidisciplinar, nacida durante o confinamento para lograr espazos de encontro entre a arte e a ciencia, aínda que estes fosen virtuais. Este cantante e guitarrista, eterno explorador da beleza das músicas do mundo e gañador do Premio Goya este ano, será o cuarto convidado de “Transfronteirizas”. Conversará co investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein acerca do abrazo entre a Física Cuántica e a Astronomía coa poética, material sensible do seu último disco, composto nestes meses de confinamento. O público poderá seguir e participar en directo neste diálogo, que incluirá a presentación destas dúas cancións, na canle de Youtube do IGFAE o vindeiro martes 27 ás 20:00 horas (España).
Javier Ruibal (El Puerto de Santamaría, Cádiz) é autor en música e letra das súas cancións. Compositor, arreglista, guitarrista e cantante, os seus 35 anos de carreira valéronlle recoñecementos como a Medalla de Andalucía das Artes 2007, o Premio Nacional das Músicas Actuais 2017, e o Premio Goya 2020 á mellor canción orixinal. Ten 13 discos publicados en España e outros países de fala española e non española e compuxo música para outros artistas, así como para o cinema, a televisión, a danza e o teatro. Permanece dende os seus principios na procura dunha música interdisciplinar, multicultural e de vocación planetaria, cruzando con respecto e acerto diferentes sonoridades. Partindo das propias da súa Andalucía materna, transita por harmonías dispares e coloristas. Do Magreb a Brasil, ou da India ao Caribe, a lombos dunha flamencura moi persoal que influíu notablemente no que deu en chamarse “novo flamenco”. Desde o jazz e o flamenco aos clásicos e os cantautores, crea unha música e unha poética propias polas que se lle considera “músico de músicos” respectado e enxalzado pola crítica e o gremio artístico.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que convidamos a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Rosa Montero, José “Pepe” Gordon e Ricardo Gurriarán xa participaron nesta iniciativa que se insere dentro do programa ArtLAB, cuxo obxectivo é tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
Máis información:
- Schrödinger en Santiago e outras anécdotas científicas co historiador Ricardo Gurriarán, próximo invitado do ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- O escritor e xornalista mexicano José Gordon, próximo invitado do ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Vídeo do dialogo con José “Pepe” Gordon
- Rosa Montero iniciará este viernes “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
- Vídeo do diálogo co Rosa Montero en Youtube
- Canal de Youtube deo IGFAE
Máis actividades do programa ArtLAB:
Esta actividad foi confinanciada con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.