Miramos ao ceo e vemos unha infinidade de estrelas, ás veces algún planeta ou incluso cometas, mais sobre todo, vemos escuridade. A onde foi a luz desa infinidade de estrelas? Por que non alumea as nosas noites así como a luz do sol baña os nosos días?
Con este vídeo, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) inaugura unha serie de vídeos co físico Darío Lago, creador da canle de Youtube de divulgación científica en galego “O Son das Ideas”, nos que nos imos a mergullar de cheo nas orixes do noso Universo.
Guión: O Son das Ideas, e os investigadores do IGFAE José Edelstein, Javier Martín e Imanol Corredoira.
Animación e locución: O Son das Ideas.
Este vídeo foi cofinanciado con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.