

A Física de astropartículas, así como as conexións entre Física de Partículas e Cosmoloxía, están a experimentar unha nova idade de ouro. O noso Instituto foi un dos pioneiros no Observatorio Pierre Auger, un conxunto xigante de cataratas de aire en Arxentina proposto polo Premio Nobel Prof. Jim Cronin e polo Prof. Alan Watson, ambolos dous colaboradores próximos do Instituto. O grupo tamén está a iniciar novas liñas en materia escura e astrofísica de neutrinos (experimento NEXT).