Que inesperada relación comparten a física e as artes? Descúbreo hoxe (20h) no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) durante a conferencia “Física en concerto coas artes” a cargo de Ágnes Mócsy, física teórica húngara-estadounidense, membro da APS Physics, é profesora visitante no Departamento de Física da Yale University e catedrática no Pratt Institute de Brooklyn,en Nova York.
Partindo da frecuente dicotomía arte-ciencia, nesta conferencia, que se enmarca dentro da II Semana da Ciencia do IGFAE, Mócsy explorará a complexa e ás veces inesperada relación que comparten a física e as artes. Unha abordaxe elaborada desta conexión brinda oportunidades para novas e máis ricas formas narrativas sobre a ciencia, así como enfoques educativos pouco convencionais.
Carlos Salgado, director do IGFAE e profesor da USC, e Santiago Olmo, director do CGAC, realizarán a presentación e moderarán o debate.
De 20.00 a 21.00 horas
Entrada gratuíta ata completar as localidades.
Tradución simultánea do inglés.