Socios, colaboradores e redes de investigación

Socios

CERN

CERN

No CERN, a Organización Europea para a Investigación Nuclear, físicos e enxeñeiros están a investigar a estrutura fundamental do universo. Utilizan os instrumentos científicos máis grandes e complexos do mundo para estudar os compoñentes básicos da materia, as partículas fundamentais. As partículas aceléranse ata preto da velocidade da luz e fanse chocar. O proceso proporciona ás físicos pistas sobre como interactúan as partículas ademais de información sobre as leis fundamentais da natureza.

GAIN

GAIN

A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autónoma, adscrita á Conselleríade Economía, Emprego e Industria do Goberno Rexional de Galicia, pero con personalidade xurídica propia. O seu obxectivo é promover e estruturar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e apoiar e fomentar o crecemento e a competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

CNM IMB

IMB-CNM

IMB-CNM é a sede barcelonesa do Centro Nacional de Microelectrónica. Nel desenvólvense tecnoloxías, dispositivos e circuítos integrados baseados en micro e nano electrónica. Os sensores, actuadores e microsistemas alí creados son de alto interese para a construción de detectores e aceleradores relacionados coas liñas experimentais do IGFAE.

CMAM

CMAN

O Centro de Microanálise de Materiais é un centro de investigación pertencente á Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) que ten por principal ferramenta un acelerador de ións electrostáticos cunha voltaxe máxima terminal de 5MV, adicado á análise e modificación de materiais.

IFT

IFT

O Instituto Superior Técnico ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento da sociedade, promovendo a excelencia na educación superior, nos campos de Arquitectura, Enxeñería, Ciencia e Tecnoloxía mediante o desenvolvemento de actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i).

FAIR

FAIR

O centro do acelerador FAIR que se construirá en Darmstadt, é un dos proxectos máis grandes de investigación básica en física en todo o mundo. Aproximadamente 3.000 científicos de máis de 50 países xa están a traballar na planificación das instalacións do experimento e do acelerador. Un proxecto a gran escala como FAIR só pode realizarse mediante unha intensa cooperación internacional. As vantaxes a ter en conta son a redución de custos e a ampliación dos coñecementos e os científicos dispoñibles para FAIR.