Logo do IGFAE
A Xunta de Goberno do IGFAE aprobou a comezos de 2024 o novo logo do Instituto, un dos principais elementos da identidade visual que se comezará a aplicar no segundo semestre deste ano.
Este novo logo NON deberá incluír de forma conxunta, como anteriormente, os logos da USC e a Xunta de Galicia (a nova disposición destes dous elementos aparece indicada máis abaixo neste texto).
Durante o segundo semestre do ano 2024, e ata novas instrucións por parte da Dirección / Unidade de Xestión, o logotipo do IGFAE deberá utilizarse cos elementos indicados baixo estas liñas:
Código hexadecimal #000023 | RGB: 0-0-35 | CMYK: 93 – 95 – 60 – 64 (%)
Tipografía principal: Roobert Pro
En todos os documentos oficiais, presentacións, informes e comunicacións públicas, deberá utilizarse a familia tipográfica Roobert Pro, coas súas diferentes variables, que poden verse á esquerda deste texto.
Logo da Universidade de Santiago de Compostela
Como centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, o IGFAE debe visibilizar en todas as súas comunicacións a presenza da USC. Nesta nova identidade, o logo da Universidade aparecerá xunto ao do resto de entidades financiadoras, no mesmo tamaño e xerarquía.
Instrucións de comunicación da acreditación de Excelencia María de Maeztu
A nova acreditación do IGFAE como Unidade de Excelencia María de Maeztu obriga tamén ao estrito cumprimento das instrucións de comunicación e publicidade.
En todos os casos, deberá incluírse:
- Logotipo correspondente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e a Axencia Estatal de Investigación
- Selo da acreditación de excelencia María de Maeztu (incluído os anos de vixencia da mesma 2024-2030)
- Lenda coa referencia da axuda
“Axuda María de Maeztu CEX2023-001318-M financiada por MICIU/AEI /10.13039/501100011033″
Instrucións da acreditación de centros de excelencia de Galicia (CIGUS)
O IGFAE é un dos 10 centros que posúe a acreditación de excelencia dentro da rede CIGUS. De acordo aos requirimentos de publicidade, o persoal do IGFAE deberá incluír en todas as accións de información e comunicación, nesta orde, os logos da Xunta de Galicia, a rede CIGUS e a mención á UE e os Fondos Europeos:
Outros programas de financiamento
Os anteriores requirimentos non exclúen a necesidade de que, no caso de accións financiadas por outras instancias (colaboracións con outros centros de investigación, European Research Council, programa Oportunius, etc.), se deba cumprir tamén coas instrucións pertinentes.
En caso de calquera dúbida ou consulta sobre estas instrucións, contactar coa Unidade de Xestión e Comunicación (communication@igfae.usc.es)
Recoméndase, cando sexa posible, remitir os materiais a esta Unidade para verificar o cumprimento das instrucións de comunicación e publicidade.
En que materiais de comunicación debo incluír estes logos?
A resposta rápida é: en todos.
Aquí van, en todo caso, algúns exemplos dos materiais onde é imprescindible e obrigatorio cumprir con estas instrucións
- Presentacións en conferencias (charlas e pósters), obradoiros, seminarios, cursos, etc.
- Certificados ou informes de asistencia
- Material de comunicación ou merchandising (rollups, libretas, bolsas, carpetas, etc.)
- Páxinas web: os logos deben amosarse no ‘footer’ ou na sección correspondente de patrocinadores / financiadores.
Publicacións científicas
Deberá incluírse un parágrafo no que se mencione o financiamento nas resolucións e publicacións científicas que sexan co-financiadas. Exemplos:
«María de Maeztu grant CEX2023- 001318-M funded by MICIU/AEI /10.13039/501100011033. »
«This work has received financial support from the Xunta de Galicia (CIGUS Network of Research Centres) and the European Union.»
Sinatura de correo electrónico
Co obxectivo de reforzar a identidade do IGFAE, unificando a estrutura da sinatura persoal, aconséllase o uso deste modelo nos correos electrónicos. Recoméndase, igualmente, usar o nome completo do Instituto en galego, de forma coherente co acrónimo IGFAE:
Nome Apelido (pronomes)
Posto
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Email:
Tel: +34
Web: https://igfae.usc.es/
Páxina persoal ou redes sociais
Exemplo:
Manuel Rey (el)
IGFAE Communication Officer
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
Email: communication@igfae.usc.es
Tel: +34 881 814 033 / ext 14033
Web: https://igfae.usc.es/
Follow us on Twitter and Instagram @IGFAE_HEP
Modelos de documentos
Na ligazón dispoñible ao comezo desta páxina podes atopar modelos de documentos como
- Modelo de documento de texto
- Modelo de documento de texto con capa
- Modelo de carta
- Modelo de presentación de diapositivas 16:9
- Modelo de presentación de diapositivas 4:3
- Modelo de informe de participación