MediPIX para Estudo e Deteción de Radiación nas Aulas

Proxecto MEDRA

Investigación nas aulas
21.10.2024 - 30.05.2025

Sobre o proxecto

O proxecto MEDRA (MediPIX para Estudo e Detección de Radiación nas Aulas) é unha iniciativa promovida polo EduLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). O seu obxectivo é que o alumnado de secundaria e bacharelato de Galicia desfrute da súa primeira experiencia investigadora en física nuclear de partículas. Neste curso 2024/2025, o certame celebra a súa terceira edición.

Para desenvolver o proxecto utilizaranse varios Minipix, uns detectores híbridos de última xeración desenvolvidos polo CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Estes aparellos funcionan como unha cámara, fotografando as pegadas que deixan as partículas procedentes do cosmos ou dunha fonte radiactiva ao atravesar o sensor. Estas pegadas indican qué tipo de partícula é, a súa enerxía, a carga eléctrica, a súa orixe e a súa traxectoria.

Desenvolvemento

O profesorado recibirá una formación, prevista para o venres 15 de novembro de 2024 en horario de tarde, sobre o funcionamento do detector e a actividade a desenvolver, xunto coa guía docente elaborada para levar a cabo exercicios relacionados coa física nuclear e de partículas cun enfoque experimental e totalmente participativo na aula.

Despois, o IGFAE prestará un Minipix durante tres semanas aos centros seleccionados para realizar un experimento, que será proposto por eles ou asignado polo IGFAE, para a adquisición e análise de datos. Despois, terán que redactar un artigo científico cos resultados obtidos e envialo a unha revista científica do ámbito educativo para a súa publicación. En novembro, durante a Semana da Ciencia, o IGFAE organizará unha xornada na que alumnado e profesorado presentarán o traballo que realizaron, como nun congreso científico.

Como podes participar?

O profesorado interesado en inscribir ao alumnado deberá cumprimentar un formulario, no que responderán a diversas cuestións:

Gustaríavos ter unha primeira experiencia no mundo da investigación en física?

Hai un club de ciencias no teu colexio ou instituto?

Participastes, ti ou o teu alumnado, nalgún proxecto científico?

Sodes STEMBach?

Antes de dispoñer do detector, o persoal do IGFAE facilitará o manual do proxecto e outros materiais formativos para garantir o correcto uso do dispositivo. Durante todo o proceso, os grupos contarán coa colaboración e apoio do persoal do IGFAE para desenvolver o proxecto con éxito.

Para ter en conta!

  • O profesorado responsable do proxecto en cada centro seleccionado comprométese a asistir a unha sesión formativa o venres 15 de novembro de 2024, en horario de tarde.
  • Cada centro disporá dun detector e o experimento realizarase en grupos reducidos duns 4 estudantes, a elixir polo docente, para o seu máximo aproveitamento. Nivel educativo suxerido: 4º ESO e 1º ou 2º de Bacharelato.
  • O artigo científico redactarase en inglés, polo que é necesario que profesorado e alumnado dominen o idioma.
  • O inicio previsto do Proxecto MEDRA é novembro de 2024 e o seu fin, maio de 2025. Os centros comprometeranse a terminar o proxecto iniciado e a asistir á xornada de final de curso.
  • Os centros utilizarán o Minipix e custodiarano co maior coidado e seguridade durante todo o experimento.

Recursos

 

Manual do proxecto MEDRA

Guía de actividades para docentes. Preme aquí para descargalo

Curso sobre o uso do detector MiniPix

Neste curso, que consta de cinco vídeos, poderás aprender as claves do detector co que se traballa no proxecto MEDRA

002

Tech Transfer Day at IGFAE

16.06.2025

03.Tech.Lab

010

A materia peza a peza

05.11.2024

02.Edu.Lab

009

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

21.06.2024

01.Art.Lab

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

21.10.2024

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab