Experiencia inmersiva elaborada ao redor dunha instalación audiovisual da artista Irene Dubrovsky.

O soño musical dos mapas celestes

Máis información:
info@igfae.labs.com

O soño musical dos mapas celestes
Obra Audiovisual
07.09.2021 - 10.09.2021
Salón artesoado do Colexio de Fonseca

Introducción

‘O soño musical dos mapas celestes’ é unha experiencia inmersiva, elaborada ao redor dunha instalación audiovisual da artista Irene Dubrovsky, inspirada nos mapas do cosmos e as distintas maneiras de cartografialo. A disposición das estrelas no lenzo da noite ofrécese como unha linguaxe musical. Os puntos deveñen sucos ao habitar o tempo e o ceo convértese nunha partitura circular. Estes retrincos musicais dos mapas celestes flotan na escena, habitando o espazo, mentres soan como cristais de tempo nos instrumentos mecánicos interpretados por Germán Dı́az. Os puntos luminosos na noite escura son tamén un texto e o investigador do IGFAE José Edelstein, seguindo a tradición de Pitágoras e Kepler, explora as secretas harmonı́as da música do cosmos nesa gran danza astronómica, narrándoas a través dalgunhas historias do Camiño de Santiago.

Ao longo dos séculos este foi transitado por cegos que levaban historias e romances na chamada literatura de cordel, á vez que adoitaban tocar a zanfona. Durmı́an á beira do camiño, de fronte ao ceo, de fronte a un magnı́fico texto en braille. Todo nesa bóveda celeste é pasado. Fixar nela os ollos máis que ver é lembrar, volver pasar polo corazón. As cartografı́as do ceo son memorias do Camiño. Læila, unha muller interpretada por Celtia Figueiras, transita o Camiño ao longo dos séculos. En diálogo con personaxes do Camiño, reflexiona sobre a maneira na que habitamos o espazo e o tempo, convertendo ao cosmos nun texto e ao territorio nun organismo vivo. A voz de Uxı́a evoca estes aspectos do cosmos e os ecos sonoros do Camiño de Santiago.

Temática da actividade

A trasfega infatigable dos peregrinos devén unha sinfonı́a de pasos. As coplas de Florencio, o último músico cego do Camiño, unha conexión coa tradición, e o “Onte sen ontes”, unha inmersión no ceo primixenio. Partituras que tamén son mapas, discos perforados que lembran textos en braille, instrumentos orixinais de música mecánica, palabras que evocan o andar de peregrinos, ecos do Camiño que se funden cos mapas do cosmos contemporáneo. O Camiño de Santiago preséntase como un texto, reflexo doutro que habita o ceo: a Vı́a Láctea. Tamén como un rı́o, que conecta, irriga, constitúe. O devir do rı́o asóciase ao paso do tempo. Se as estrelas antigas son o texto, o lenzo nocturno é aı́nda máis antigo. Ası́, no fondo da noite, albı́scase o nacemento do tempo.

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

10.11.2023

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab