Transfronteirizas
Conversas de Arte e Ciencia
Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que convidamos a figuras do eido cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Esta iniciativa insérese dentro do programa ArtLAB, que pretende tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Rosa Montero
Rosa Montero inicia o ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
A escritora e xornalista protagonizará o vindeiro venres, 15 de maio ás 20:00 horas, o primeiro dunha serie de diálogos virtuais organizados polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é explorar a transversalidade das ciencias e as humanidades, así como os seus vasos comunicantes. O encontro, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, poderá seguirse en directo a través de Youtube e forma parte do programa ArtLAB.
Co gallo do confinamento que limitou ou eliminou as posibilidades de celebrar encontros divulgativos e culturais presenciais, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia pon en marcha un ciclo de diálogos virtuais entre o seu persoal investigador e figuras do ámbito cultural.
Baixo o título “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”, este proxecto traerá nos próximos meses a figuras coas que exploraremos as interseccións entre a física, a ciencia e a cultura, así como outras reflexións cun enfoque interdisciplinar. A escritora e xornalista Rosa Montero será este venres, 15 de maio ás 20:00 horas, a primeira entrevistada que participará nesta iniciativa. A través da canle de Youtube do IGFAE, o público poderá seguir e participar neste diálogo en directo dirixido polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein.
“Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” insérese dentro do programa ArtLAB do IGFAE, unha iniciativa que pretende tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas. Súmase así a “Cosmoloxías”, unha exposición de obras cartográficas inspiradas no Universo da artista Irene Dubrovsky, celebrada en marzo de 2019; e á conferencia “Física en concerto coas artes” da física teórica Ágnes Mócsy, impartida durante a II Semana da Ciencia do IGFAE en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Rosa Montero
Rosa Montero naceu en Madrid e estudou Xornalismo e Psicoloxía. Colaborou con grupos de teatro independente, como Canon ou Tábano, á vez que empezaba a publicar en diversos medios informativos como Fotogramas, Pueblo e Posible. Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical. En 1978 gañou o Premio Mundo de Entrevistas, en 1980 o Premio Nacional de Xornalismo para reportaxes e artigos literarios e en 2005 o Premio da Asociación da Prensa de Madrid a toda unha vida profesional. A súa obra abarca relatos, contos e textos xornalísticos, entre eles máis de 2000 entrevistas a personalidades de talla mundial. Entre as súas novelas destacan Te tatraté como a una reina (1983), La hija del caníbal (1997), La ridícula idea de no volver verte (2013), El peso del corazón (2015) e a última, Los tiempos del odio (2018). Foi premiada en multitude de ocasións e traducida a máis de 20 idiomas. Ademais, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico, membro de Honra da Universidade de Málaga, e en febreiro de 2019 creouse a “Aula Rosa Montero” na facultade de Xornalismo da Universidade Miguel Hernández de Elxe (Alacante).
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
José Gordon
O escritor e xornalista mexicano José Gordon, próximo invitado do ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
José “Pepe” Gordon, unha das figuras máis populares da divulgación científica e a cultura en México, participará no segundo diálogo do ciclo organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do eido cultural e artístico. Moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, poderá seguirse en directo o vindeiro luns, 22 de xuño, ás 20:00 horas a través da canle de Youtube do IGFAE.
“Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” ten o pracer de continuar coa súa cita mensual cun invitado do outro lado do charco: José “Pepe” Gordon. O escritor, guionista e presentador do programa de divulgación científica La oveja eléctrica súmase a este ciclo de entrevistas virtuais para reflexionar acerca das conexións entre a física, a ciencia e a cultura, tras o paso de Rosa Montero. O público poderá seguir e participar en directo neste diálogo, dirixido novamente polo investigador do IGFAE e profesor da USC, José Edelstein, na canle de Youtube do IGFAE o vindeiro luns 22 ás 20:00 horas (España).
José Gordon
José Gordon é guionista, novelista, escritor de ensaios e tradutor. Conduce e dirixe La oveja eléctrica, programa de divulgación científica emitido por Canle 22 en México, que recibiu o Premio Nacional de Xornalismo polas súas entrevistas a destacados investigadores internacionais e participación de premios Nobel. É creador das cápsulas de animación infantís Imaginantes, premiadas no New York Film Festival. É autor, entre outros libros, do Inconcebible universo. Sueños de unidad, un ensaio sobre os vasos comunicantes entre ciencia e poesía. Actualmente, conduce La Hora Nacional xunto con Marisol Gasé e escribe e dirixe unha serie de cápsulas televisivas denominadas Colisionador de Ideas sobre novos conceptos para transitar a unha sociedade de imaxinación e coñecemento. O seu libro máis recente Gato encerrado. Fronteras del cerebro, ilustrado por Sebastián Ilabaca, é unha audaz proposta editorial en formato pop-up, que convida a espertar a creatividade do lector.
Cibrán Santamarina (Investigación IGFAE)
conversa con
Ricardo Gurriarán
Schrödinger en Santiago e outras anécdotas científicas co historiador Ricardo Gurriarán, próximo invitado do ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
O historiador barquense Ricardo Gurriarán participará no terceiro diálogo do ciclo organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do ámbito cultural e artístico. Moderado polo investigador do IGFAE Cibrán Santamarina, poderá seguirse en directo o vindeiro martes, 22 de setembro, ás 19:00 horas a través da canle de Youtube do IGFAE.
“Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” volve tras o parón estival cun especialista en reconstruír a memoria científica ligada a Galicia: Ricardo Gurriarán. Este historiador súmase, tras o paso de Rosa Montero e José “Pepe” Gordon, a este ciclo de entrevistas virtuais para reflexionar acerca das conexións entre a física, a ciencia e a cultura, e descubrirnos algúns detalles sobre a primeira visita dun premio Nobel a Galicia, Erwin Schrödinger, quen pronunciou unha conferencia na Universidade de Santiago (USC) o 3 de agosto de 1934. O público poderá seguir e participar en directo neste diálogo, dirixido polo investigador do IGFAE e profesor da USC, Cibrán Santamarina, na canle de Youtube do IGFAE o vindeiro martes 22 ás 19:00 horas (España).
Ricardo Gurriarán Rodríguez (O Barco de Valdeorras, 1953), licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid, foi profesor no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977 ata a súa xubilación. En 2004, conseguiu o título de Doutor en Historia Contemporánea pola USC coa tese A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil. O seu compromiso coa reconstrución da memoria histórica de Galicia e o seu interese polos estudos de ciencias leváronlle a ser asesor científico da película Os fillos do sol e recibir o premio Lois Peña Novo 2015.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo ArtaLab do IGFAE, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia‘ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convidan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar.
Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Javier Ruibal
Física cuántica e astronomía co músico Javier Ruibal no próximo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
O cantautor e guitarrista Javier Ruibal participará o martes 27 de outubro ás 20:00 horas no cuarto diálogo virtual do ciclo organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
Un compositor orixinal e inclasificable como Javier Ruibal non podía faltar na nosa iniciativa máis multidisciplinar, nacida durante o confinamento para lograr espazos de encontro entre a arte e a ciencia, aínda que estes fosen virtuais. Este cantante e guitarrista, eterno explorador da beleza das músicas do mundo e gañador do Premio Goya este ano, será o cuarto convidado de “Transfronteirizas”. Conversará co investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein acerca do abrazo entre a Física Cuántica e a Astronomía coa poética, material sensible do seu último disco, composto nestes meses de confinamento. O público poderá seguir e participar en directo neste diálogo, que incluirá a presentación destas dúas cancións, na canle de Youtube do IGFAE o vindeiro martes 27 ás 20:00 horas (España).
Javier Ruibal (El Puerto de Santamaría, Cádiz) é autor en música e letra das súas cancións. Compositor, arreglista, guitarrista e cantante, os seus 35 anos de carreira valéronlle recoñecementos como a Medalla de Andalucía das Artes 2007, o Premio Nacional das Músicas Actuais 2017, e o Premio Goya 2020 á mellor canción orixinal. Ten 13 discos publicados en España e outros países de fala española e non española e compuxo música para outros artistas, así como para o cinema, a televisión, a danza e o teatro. Permanece dende os seus principios na procura dunha música interdisciplinar, multicultural e de vocación planetaria, cruzando con respecto e acerto diferentes sonoridades. Partindo das propias da súa Andalucía materna, transita por harmonías dispares e coloristas. Do Magreb a Brasil, ou da India ao Caribe, a lombos dunha flamencura moi persoal que influíu notablemente no que deu en chamarse “novo flamenco”. Desde o jazz e o flamenco aos clásicos e os cantautores, crea unha música e unha poética propias polas que se lle considera “músico de músicos” respectado e enxalzado pola crítica e o gremio artístico.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo ArtaLab do IGFAE, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia‘ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convidan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar.
Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Alejandro Dolina
Javier Mas (Investigación IGFAE)
conversa con
José Ignacio Latorre
A física das palabras
O físico cuántico, investigador e divulgador participará o xoves 17 de decembro ás 18:00 horas no sexto diálogo do ciclo organizado polo IGFAE. Moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC Javier Mas, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
José Ignacio Latorre é un dos físicos españois máis recoñecidos no campo da física cuántica, a teoría máis precisa ata a data que describe a natureza no seu nivel máis íntimo e fundamental. Quizais, investigar como dúas partículas separadas entre si manteñen as mesmas propiedades a través dunha conexión “invisible” é o que lle motiva a explorar outro tipo de entrelazamentos: o da esfera científica e humanística. Libros, documentais ou exposicións como a recente e exitosa Cuántica do CCCB en Barcelona reflicten o seu interese en tecer pontes entre ambos os mundos. Nesta ocasión, Latorre farao no sexto encontro do ciclo ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ xunto ao investigador e físico teórico do IGFAE Javier Mais. O vindeiro xoves, 17 de decembro, ás 18:00 horas (España), dialogarán en torno ao triángulo que debuxan a ciencia, a arte e a ética das tecnoloxías cuánticas na sociedade do futuro. O público poderá seguir e participar coas súas preguntas e reflexións neste directo emitido polo canal de Youtube del IGFAE.
José Ignacio Latorre (Barcelona), doutor en teoría da cromodinámica cuántica, deixou este ano o seu posto de catedrático de Física Teórica na Universidade de Barcelona para crear o Technology Innovation Institute (Abu Dhabi) e dirixir o Center for Quantum Technologies (Singapura). Creador e emprendedor, fundou o Centro de Ciencias de Benasque “Pedro Pascual”, unha referencia internacional de encontros científicos de máximo nivel onde á ciencia súmaselle ocasionalmente a arte, en busca dunha fertilización cruzada. Ademais de ser un dos introductores da Teoría da Información Cuántica en España, Latorre compaxina o seu labor investigador co comisariado de exposicións, libros como Cuántica, tu futuro en juego ou Ética para máquinas, ou a produción de documentais. É un científico aberto ao humanismo interesado en conectar a ciencia fundamental co progreso social utilizando todas as vías e formatos posibles. Defende que debemos prepararnos para un futuro máis complexo e próximo do que pensamos.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo ArtaLab do IGFAE, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia‘ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convidan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar.
Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Marta Macho Stadler
Matemáticas, literatura e mulleres con Marta Macho Stadler no próximo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”
A matemática e divulgadora científica participará o xoves 25 de febreiro no sétimo diálogo do ciclo virtual organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Será moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein ás 20:00 horas e poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
Tras a mesa redonda organizada o 11 de febreiro polos Centros Singulares da USC con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o IGFAE celebrará un novo dialogo de “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” cunha investigadora recoñecida e premiada nacionalmente polo seu labor para visibilizar a mulleres científicas e divulgar as matemáticas: Marta Macho Stadler. Doutora en matemáticas e profesora da Universidade do País Vasco- Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU), é editora do blogue Mujeres con ciencia da Cátedra de Cultura Científica desta mesma universidade e responsable das seccións de Literatura e Matemáticas e de Teatro e Matemáticas no Portal DivulgaMAT da Real Sociedade Matemática Española. Das súas inquietudes por estas materias charlará co investigador e físico teórico do IGFAE José Edelstein o vindeiro xoves, 25 de febrero, ás 20:00 (hora peninsular) nun encontro virtual que poderá seguirse en directo na canle de Youtube do IGFAE.
Marta Macho Stadler
Marta Macho Stadler (Bilbao, 1962) é especialista en topoloxía, rama das matemáticas adicada ao estudo daquelas propiedades dos corpos xeométricos que permanecen inalteradas por transformacións continuas. Interesada na divulgación da ciencia, participa desde hai anos en diversas actividades en universidades, institucións científicas, centros culturais ou de ensino. Colabora tamén en distintos medios de comunicación, como o programa La mecánica del caracol en Radio Euskadi, The Conversation ou a Rede de Científicas Comunicadoras de El Periódico en colaboración coa Fundación Esteve.
Entre os seus recoñecementos, en 2015 recibiu o Premio igUAldad da Universidad de Alicante ‘polas súas actuacións en defensa da igualdade entre mulleres e homes e, en particular, polas súas accións de carácter docente e divulgativo a favor da visibilización da achega das mulleres científicas non só na Academia, senón tamén no progreso social’ e unha das Medallas da Real Sociedade Matemática Española na súa primeira edición, ‘polo seu labor de divulgación das matemáticas, polo seu compromiso coa igualdade e por tender pontes entre os profesores de matemáticas de diferentes niveis educativos’. En 2016 concedéuselle o Premio Emakunde ‘pola súa traxectoria científica orientada a divulgar e promover o achegamento da matemática e do coñecemento científico ás mulleres, así como por facer visible e reivindicar ás mulleres científicas e as súas achegas tanto á Academia como ao progreso social.’ E en 2019 recibiu o nomeamento de Ilustre de Bilbao ‘polo seu labor como divulgadora científica e por visibilizar o papel das mulleres na ciencia’.
José Edelstein (Investigador IGFAE)
conversa con
Anna R. Figueiredo
A física das palabras
A vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e doutora en Física, Anna R. Figueiredo, participará o vindeiro xoves, 8 de abril, na oitava conversa virtual do ciclo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein, o encontro emitido en directo pola canle de Youtube do IGFAE ten por obxectivo tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas: a literatura e a ciencia nesta ocasión.
Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Física pola USC na especialidade de física de partículas e realizou o seu doutoramento na Sheffield University, traballando no estudo de como a morfoloxía na interface dos materiais semiconductores poliméricos inflúe na transmisión electrónica nos transistores de efecto campo. Actualmente imparte materias científico-tecnolóxicas para ESO e Bacharelato no I.E.S As Barxas (Moaña), labor que compaxina coa docencia de cursos de escritura creativa. O seu primeiro curso coa Escola de Letras da editorial Galaxia, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dará comezo en setembro de 2021 e terá por título “Escribir a primeira novela”.
Neste encontro de ‘Transfronteirizas’ falaremos de astronomía, buracos negros e poesía. Estíbaliz Espinosa, cantante e escritora, converteu a súa curiosidade sobre o ceo e o universo en material sensible a través da súa obra. Gastón Giribet, físico teórico, leva toda unha vida pensando nos buracos negros e as abordaxes literarias e filosóficas sobre as dimensións do universo e estes astros que son fonte de tantos paradoxos.
Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1973) é escritora, comunicadora de ciencia e mezzosoprano. Licenciouse en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, estudou astronomía como amadora. Publicou varios libros de poesía en galego (Curiosidade ou As neuronas irmás, entre outros), traducións, relatos e ensaio. Artella actividades arredor da poesía, astronomía e música. Traballa para entidades como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Museos Científicos Coruñeses e actualmente imparte escrita creativa na Universidade da Coruña.
Gaston Giribet (Buenos Aires, 1973) é doutor en física. É Profesor de Física Teórica da Universidade de Buenos Aires, e foi membro doutras institucións, como o Institute for Advanced Study de Princeton, New York University, e a Université Libre de Bruxelles. É autor de máis de cen artigos científicos e, xunto a José Edelstein, publicou o libro Cuerdas y supercuerdas: la naturaleza microscópica de las partículas y del espaciotiempo.
Participou en programas de divulgación da investigación na escola como Researchers in Residence e escribiu artigos de opinión para xornais como La Voz de Galicia ou Nós diario desde a defensa da interdisciplinaridad das artes e as ciencias e o punto de vista integrador polo que un estudante non é “nin de ciencias, nin de letras”. Firme defensora do papel da muller na ciencia e da necesidade da igualdade de oportunidades e discursos que cheguen a todo o estudantado, participou en charlas divulgativas sobre ciencia e/ou feminismo en distintos centros culturais e educativos. No ámbito literario, a súa novela debut, Os bicos feridos (editorial Galaxia), gañou o galardón da primeira edición do premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela. Nela, o seu protagonista, Olivia, observa o mundo desde preceptos estudados na física e as matemáticas con total naturalidade, establecendo límites que tenden a infinito, condicións de continuidade, singularidades ou condicións suficientes e necesarias para sobrevivir. Desde a súa escritura tenta transcribir un mundo real nunha contorna literaria a través do precepto da beleza da física e a matemática e a súa capacidade universal de explicar e conter tanto a realidade como a ficción.
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Agustín Fernández Mallo e Guillermo Martínez
“Transfronteirizas: conversas de arte e ciencia”, o ciclo de diálogos en liña do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), explorará mañá un novo formato, unha charla á tres con dúas persoas que indagaron como poucos a intersección entre arte e ciencia: os escritores Agustín Fernández Mallo e Guillermo Martínez. Físico e matemático, respectivamente, de ambos podería dicirse que nutriron os seus textos literarios con abundante zume proveniente da súa formación científica. O encontro poderá seguirse en directo ás 20:00 horas na canle de Youtube do instituto, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein.
Agustín Fernández Mallo (A Coruña, 1967) teourizou sobre a necesidade de fundar un novo paradigma poético de raíces científicas nun extraordinario libro titulado “Postpoesía, hacia un nuevo paradigma”, que foi finalista do Premio Anagrama de Ensaio. Autor do chamado Proxecto Nocilla, que chegou a dar nome a toda unha xeración de escritores, a súa obra foi traducida a dez idiomas. A súa novela máis recente, “Trilogía de la guerra”, obtivo o Premio Biblioteca Breve e a súa tradución ao inglés o English PEN Award, mentres que o seu ensaio “Teoría general de la basura”, recibiu o Premio Cálamo Extraordinario.
Guillermo Martínez (Baía Branca, 1962) tamén reflexionou sobre este territorio común entre arte e ciencia en varios libros de ensaio, como “Borges y la matemática” ou “La razón literaria”, ademais de incorporar maxistralmente elementos matemáticos na novela policial. A súa novela “Crímenes imperceptibles”, inspirada na experiencia vivida en Oxford durante o seu doutoramento, recibiu, entre outros, o premio Planeta en Arxentina e foi levada ao cinema polo director Álex de la Iglesia, mentres que a máis recente, “Los crímenes de Alicia”, obtivo o Premio Nadal de novela. Tamén recibiu o Premio Hispanoamericano de Conto Gabriel García Márquez.
Arte, ciencia e sociedade
Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que convidamos a figuras do ámbito cultural, como Rosa Montero, Javier Ruibal, Alejandro Doilna e Anna R. Figueiredo, a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. O obxectivo desta actividade que forma parte do ArtLab do IGFAE é tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
José Edelstein (Investigación IGFAE)
conversa con
Estíbaliz Espinosa y Gastón Giribet
de Ciencias de Comunicación da USC
Astronomía, buracos negros e poesía no primeiro ‘Transfronteirizas’ presencial con Estíbaliz Espinosa e Gastón Giribet
‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’, o ciclo de diálogos en liña do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), cumpre estes días o seu segundo aniversario e celébrao cunha nova edición o próximo 19 de maio, por primeira vez en formato presencial. O encontro entre Estíbaliz Espinosa e Gastón Giribet, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, será no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC ás 19:00 con entrada de balde ata completar capacidade. Quen non poida achegarse tamén poderá seguir o evento en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
Neste encontro de ‘Transfronteirizas’ falaremos de astronomía, buracos negros e poesía. Estíbaliz Espinosa, cantante e escritora, converteu a súa curiosidade sobre o ceo e o universo en material sensible a través da súa obra. Gastón Giribet, físico teórico, leva toda unha vida pensando nos buracos negros e as abordaxes literarias e filosóficas sobre as dimensións do universo e estes astros que son fonte de tantos paradoxos.
Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1973) é escritora, comunicadora de ciencia e mezzosoprano. Licenciouse en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, estudou astronomía como amadora. Publicou varios libros de poesía en galego (Curiosidade ou As neuronas irmás, entre outros), traducións, relatos e ensaio. Artella actividades arredor da poesía, astronomía e música. Traballa para entidades como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Museos Científicos Coruñeses e actualmente imparte escrita creativa na Universidade da Coruña.
Gaston Giribet (Buenos Aires, 1973) é doutor en física. É Profesor de Física Teórica da Universidade de Buenos Aires, e foi membro doutras institucións, como o Institute for Advanced Study de Princeton, New York University, e a Université Libre de Bruxelles. É autor de máis de cen artigos científicos e, xunto a José Edelstein, publicou o libro Cuerdas y supercuerdas: la naturaleza microscópica de las partículas y del espaciotiempo.
Rosa Montero inaugurou dous anos de intercambio interdisciplinar
Organizado polo ArtaLab do IGFAE, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia‘ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convidan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia con Rosa Montero, polo ciclo pasaron persoeiros como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE
José Edelstein (Investigador IGFAE)
conversa con
Rodolfo Pregliasco
Física para resolver crímenes: o físico forense Rodolfo Pregliasco participa no próximo ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’
Son bastante coñecidas as aplicacións da investigación en física na medicina, a industria enerxética, as tecnoloxías da información ou a conservación e restauración de obras de arte. Quizáis non tanto da física forense. Esta ciencia axuda ás autoridades xudiciais a esclarecer accidentes de tráfico, desaparicións ou crímes utilizando métodos científicos e os avances tecnolóxicos propios da física. Algúns exemplos destacados son a identificación de persoas a través do ADN, o uso de técnicas espectrográficas na determinación de substancias prohibidas (drogas ou explosivos) ou a análise por activación neutrónica para localizar contaminantes en cantidades mínimas. A física forense cruzouse no camiño de Rodolfo Pregliasco a finais dos 90 e desde entón se dedica a este campo que compartirá co público no próximo diálogo do ciclo online ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’. O encontro, organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, será o próximo 29 de setembro ás 19:00 horas e poderá seguirse a través da canle de Youtube do IGFAE.
“Todos podemos violar as leis dos homes, pero ninguén pode escapar ás leis da física”
Doutor en Física pola Universidade de Buenos Aires (UBA), Rodolfo Pregliasco é na actualidade é investigador do CONICET –o CSIC español– e director do Grupo de Física Forense do Centro Atómico Bariloche (Arxentina). Xunto con Ernesto Martínez, o seu mentor, participou en numerosos casos, utilizando novas aplicacións creativas da ciencia no ámbito forense. Desenvolveu a técnica de ecolocación de disparos a partir do son rexistrado nunha cámara, que permitiu situar a orixe duns disparos que terminaron coa vida dunha muller en Arxentina durante uns disturbios en 1997. Este método oficializouse como ferramenta profesional en 2002 ao ser publicado na Journal of forensics sciencies da Asociación de peritos forenses de EE. UU. e foi incluído nun capítulo da serie estadounidense CSI Miami. Editou, xunto con Leonardo Saccomanno, a primeira parte do “Manual de Evidencia Científica” destinado a operadores do poder xudicial, que é un manual de consulta solicitado polo superior tribunal da provincia de Río Negro, en Arxentina. É director do Grupo de Física Forense do Centro Atómico Bariloche e membro do Comité Asesor do Programa de Ciencia e Xustiza do CONICET.
Sumando disciplinas: periodismo, música, poesía, divulgación, feminismo, historia…
Organizado polo ArtLab do IGFAE, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se invitan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia con Rosa Montero, polo ciclo pasaron personaxes como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE
José Edelstein (Investigador IGFAE)
conversa con
Flavia Costa
Do Antropoceo ao Tecnoceo con Flavia Costa
A investigadora en ciencias sociais e escritora Flavia Costa participará no próximo ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ o mércores 16 de novembro ás 20:00 horas na canle de Youtube do IGFAE. Promovido polo ArtLab do IGFAE, Costa e o investigador José Edelstein debatirán os novos desafíos do actual escenario tecnolóxico, político e cultural, o denominado Tecnoceo. Segundo a hipótese de Costa, os procesos de dixitalización exponencial e o uso de datos masivos, os sistemas de vixilancia e o posible horizonte dunha superintelixencia artificial abren unha nova era superadora do Antropoceo, termo acuñado no ano 2000 polo gañador do Premio Nobel Paul Crutzen para definir a era xeolóxica actual, caracterizada polo significativo impacto global que as actividades humanas teñen sobre os ecosistemas terrestres.
Organizado polo ArtLab do IGFAE, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se invitan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia con Rosa Montero, polo ciclo pasaron personaxes como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
Traxectoria
Flavia Costa es doctora en Ciencias Sociales por la Universidad de Buenos Aires (UBA) e investigadora del Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (CONICET). Se desempeña como profesora asociada del Seminario de Informática y Sociedad de la facultad de Ciencias Sociales de la UBA, titular del seminario de doctorado “Estética, biopolítica, estado de excepción. Una lectura de Giorgio Agamben” en esa misma facultad, y del seminario “Teorías de la Cultura y el Poder. Michel Foucault, en la Escuela Interdisciplinaria de Altos Estudios Sociales de la UNSAM”. Integra el colectivo “Ludión. Exploratorio latinoamericano de poéticas/políticas tecnológicas”, y fue una de las fundadoras de la revista Artefacto. Pensamientos sobre la técnica. Es autora de la novela Las anfibias (Adriana Hidalgo, 2008) y de numerosas publicaciones sobre tecnología, cultura y sociedad. Su último libro se titula Tecnoceno. Algoritmos, biohackers y nuevas formas de vida (Taurus, 2021).
José Edelstein (Investigador IGFAE)
conversa con
Olga Osorio e Tamar Novas
Cinema e física no filme '¡Salta!'
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) retoma este mércores 12 de setembro, a partir das 19 horas, o ciclo ‘Transfronteirizas. Conversas de Arte e Ciencia’, mergullándose nunha das estreas que ocupa a carteleira nas últimas semanas: a película ¡Salta!, da produtora galega Vaca Films. No diálogo participarán a directora do filme, Olga Osorio, e o actor protagonista, Tamar Novas. O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do IGFAE.
Osorio e Novas conversarán con Jose Edelstein, investigador do IGFAE e asesor científico de ¡Salta!, en cuxa trama xogan un papel moi relevante os buratos de verme. Estas estruturas teóricas, cuxos primeiros vestixios atópanse nun traballo publicado por Albert Einstein e Nathan Rosen en 1935, poderían conectar dúas rexións espazo-temporais arbitrariamente distantes, permitindo as viaxes no tempo. A súa presenza no cinema ten precedentes en películas como Contacto ou Interestelar.
Os buratos de verme e as viaxes no tempo
O filme ‘¡Salta!’ é unha adaptación da curtametraxe Einstein-Rosen (2016), tamén dirixida por Olga Osorio. Nela cóntase a historia de dous irmáns, Teo e Óscar, despois de que Teo descubra que no patio do bloque de vivendas onde reside hai unha porta de entrada a un burato de verme. A película, estreada este setembro, afonda na relación de Teo e Óscar, e en como cada un afronta a desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.
José Edelstein, investigador do IGFAE e profesor de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela, conversará con Olga Osorio e Tamar Novas sobre como afrontar o proceso creativo nunha película con elementos científicos modernos á hora de dirixir e interpretar, respectivamente. Edelstein colaborou como asesor co equipo de ‘¡Salta!’ á hora de desenvolver algunha das fórmulas utilizadas na película e expoñer aspectos do espazo e metodoloxía do traballo dun físico, procurando incorporar elementos que confiran a maior credibilidade posible ás escenas nas que estes se amosan.
Sobre Olga Osorio e Tamar Novas
Olga Osorio é directora e guionista, xunto con Araceli Gonda, da película ¡Salta! (2033), Olga Osorio conta cunha ampla experiencia na industria cinematográfica. É catedrática de secundaria en Procesos e Medios de Comunicación, doutora en Humanidades e licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, e actualmente imparte clases de dirección e promoción e distribución cinematográficas na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Entre 2003 e 2022 foi tamén profesora asociada na facultad de Comunicación Audiovisual. Antes de ¡Salta!, A súa primeira longametraxe, dirixiu varias curtas, entre as que destaca Einstein-Rosen.
Tamar Novas é actor desde moi novo. Os seus primeiros papeis foron no filme A lingua das bolboretas (1999) e Mar Adentro (2004), co que obtuvo o premio Goya ao mellor actor revelación. Estudou Comunicación Audiovisual na USC, ao tempo que avanzaba na súa formación como intérprete. Na súa carreira figuran filmes ás ordes de directores como Pedro Almodóvar (Los abrazos rotos, 2009) ou Isabel Coixet (Elisa y Marcela, 2019), ademais de series como Fariña (2018) ou El desorden que dejas (2020).
Unha ducia de encontros para tender pontes entre arte e ciencia
Organizado polo ArtLab do IGFAE, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia’ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se invitan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar. Nacido o 15 de maio de 2020 en plena pandemia con Rosa Montero, polo ciclo pasaron personaxes como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo, co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.
José Edelstein (Investigador IGFAE)
conversa con
Alan Sokal
Un dos maiores 'troleos' da historia recente da ciencia
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) celebra este xoves 9 de novembro, a partir das 20 horas, unha nova entrega do ciclo ‘Transfronteirizas. Conversas de Arte e Ciencia’. O convidado nesta ocasión será o físico estadounidense Alan Sokal, que conversará co investigador Jose Edelstein. O encontro abrirá o programa de actividades da VI Edición da Semana da Ciencia do IGFAE.
No ano 1996, este investigador protagonizou o coñecido como ‘Escándalo Sokal’, co que evidenciou a falta de rigor intelectual en algúns sectores da academia: redactou un artigo cheo de conceptos grandilocuentes, pero sen sentido, no que sostiña que a gravidade cuántica non é máis ca un constructo social e lingüístico. O artigo, titulado Transgredir as fronteiras: cara a unha hermenéutica transformadora da gravidade cuántica, foi publicado na revista Social Text, unha revista académica da Universidade de Duke, que trataba cuestións sociais e culturais.
'Imposturas intelectuais'
Ao mesmo tempo, Sokal preparou outro artigo no que revelaba o calote, afirmaba que o primeiro texto foi concibido como unha parodia e criticaba a algúns referentes das ciencias sociais e humanidades por deixar de lado o rigor e a razón en favor de prexuízos ideolóxicos. Sokal enviouno a Social Text, que rexeitou publicalo, polo que o texto acabou saíndo na revista Lingua Franca.
En 1997, Sokal publicou xunto a Jean Bricmont, físico belga, o libro Imposturas intelectuais, no que afondaba na súa idea, baseada en dúas cuestións relacionadas entre si: o uso pretencioso e temerario de conceptos científicos por parte dun grupo de filósofos e intelectuais influentes e, por outra banda, os problemas do relativismo cognitivo, que sostén que a ciencia moderna non é máis que un mito ou narrativa. Neste sentido, Sokal e Bricmont argumentaban que algúns dos referentes intelectuais da posmodernidade deturpaban conceptos da física e as matemáticas para reforzar as súas crenzas e discursos.
O traballo de Sokal espertou nos seguintes anos moi diversas reflexións sobre a relación entre as consideradas como ‘dúas culturas’ (ciencias e humanidades) e sobre a filosofía da ciencia. E, nos últimos anos, segue tamén vivo debido ao crecente fenómeno das coñecidas como revistas depredadoras, que aceptan traballos que non cumpren cos mínimos criterios de calidade.
Sobre Alan Sokal
Alan D. Sokal (Boston, 1955) é profesor de Matemáticas no University College London e profesor emérito de Física da Universidade de Nova York. Graduouse en Física en Harvard e realizou a súa tese de doutoramento en Princeton. Está especializado en disciplinas como a mecánica estatística ou a física computacional.