MediPIX para Estudo e Deteción de Radiación nas Aulas

Proxecto MEDRA

Investigación nas aulas
01.10.2023

Sobre o proxecto

O proxecto MEDRA (MediPIX para Estudo e Detección de Radiación nas Aulas) é unha iniciativa promovida polo EduLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para o curso académico 2023/2024. O seu obxectivo é que o alumnado de secundaria e bacharelato de Galicia desfrute da súa primeira experiencia investigadora en física nuclear de partículas.

Para desenvolver o proxecto utilizaranse varios Minipix, uns detectores híbridos de última xeración desenvolvidos polo CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear). Estes aparellos funcionan como unha cámara, fotografando as pegadas que deixan as partículas procedentes do cosmos ou dunha fonte radiactiva ao atravesar o sensor. Estas pegadas indican qué tipo de partícula é, a súa enerxía, a carga eléctrica, a súa orixe e a súa traxectoria.

Desenvolvemento

O profesorado recibirá una formación ao principio do curso sobre o funcionamento do detector e a actividade a desenvolver, xunto coa guía docente elaborada para levar a cabo exercicios relacionados coa física nuclear e de partículas cun enfoque experimental e totalmente participativo na aula.

Despois, o IGFAE prestará un Minipix durante 7-10 días aos centros seleccionados para realizar un experimento, que será proposto por eles ou asignado polo IGFAE, para a adquisición e análise de datos. Despois, terán que redactar un artigo científico cos resultados obtidos e envialo a unha revista científica do ámbito educativo para a súa publicación. En novembro, durante a Semana da Ciencia, o IGFAE organizará unha xornada na que alumnado e profesorado presentarán o traballo que realizaron, como nun congreso científico.

Como podes participar?

Se queres que o alumnado do teu centro realice un pequeno proxecto de investigación como os que se fan nos centros como o IGFAE, deberás cumprimentar o formulario que atoparás nesta páxina. Cóntanos por que debes ser un dos proxectos seleccionados:

Gustaríavos ter unha primeira experiencia no mundo da investigación en física?

Hai un club de ciencias no teu colexio ou instituto?

Participastes, ti ou o teu alumnado, nalgún proxecto científico?

Sodes STEMBach?

Antes de dispoñer do detector, o persoal do IGFAE facilitará o manual do proxecto e outros materiais formativos para garantir o correcto uso do dispositivo. Durante todo o proceso, os grupos contarán coa colaboración e apoio do persoal do IGFAE para desenvolver o proxecto con éxito.

Recursos

 

Manual do proxecto MEDRA

Guía de actividades para docentes. Preme aquí para descargalo

Curso sobre o uso do detector MiniPix

Neste curso, que consta de cinco vídeos, poderás aprender as claves do detector co que se traballa no proxecto MEDRA

008

Proxecto MEDRA

01.10.2023

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab