Construción de cámara de néboa

Obradoiro
09.10.2021
Aula C / IGFAE

Sobre a actividade

Obradoiro de construción de cámaras néboa organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para docentes de centros de educación secundaria e bacharelato de Galicia. O IGFAE diseñou en colaboración coa empresa MakerGal un detector de partículas de baixo custo e mantemento sinxelo, fácil de construír, manter e transportar para que cada profesor montase desde cero o seu propio dispositivo con materiais proporcionados polo instituto e que despois levaron ao seu centro. Nesta actividade se ensinaron os fundamentos e o funcionamento básico destes detectores para utilizarse como recurso educativo na aula e aprender en primeira persoa e en menor escala como funcionan detectores de partículas como os situados nos laboratorios do CERN.

Os raios cósmicos son partículas subatómicas de alta enerxía que bombardean constantemente a Terra desde o espazo exterior. Miles destas partículas atravesan o noso planeta e a nós mesmos cada segundo. Esta radiación natural é inofensiva e invisible aos nosos ollos, pero as pegadas que deixan as partículas (as trazas) se poden ver utilizando unha cámara de néboa, un dos primeiros e máis sinxelos detectores de partículas subatómicas que se poden construír desde que foi inventada a principios do século XX.

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

10.11.2023

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab