Unha exposición do IGFAE e Arts at CERN

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

Co gallo do 25º aniversario do IGFAE [Instituto Galego de Física de Altas Enerxías] e os 70 anos da fundación do CERN, ámbalas dúas institucións uníronse para fomentar novos modos de encontro entre arte e ciencia baixo o apreixo da Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

Arts at CERN - Instrumentos de Visión - Armin Linke - Mónica Bello
21.06.2024 - 21.09.2024

O proxecto

Instrumentos de visión é unha exposición do artista Armin Linke, que puido visitarse na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela entre o 21 de xuño e o 21 de setembro de 2024. A mostra estivo conformada por 16 obras, compilando a observación do traballo científico que, desde hai máis de dúas décadas, Armin Linke realizou en distintas instalacións experimentais de física de partículas. A exposición estivo comisariada por Mónica Bello, responsable de Arts at CERN.

Nestas imaxes, Linke mostra como a colaboración científica internacional conseguiu xerar complexísimos instrumentos que permiten observar e entender o funcionamento dos elementos máis fundamentais da materia. As lecturas destas fotografías enriquécense e singularizan no contexto dunha igrexa barroca, convidándonos a reflexionar sobre as conexións entre ciencia, cultura e sociedade.

Para este proxecto, Armin Linke incorporou unha serie de obras que reflicten o traballo realizado polo persoal do IGFAE, presente nalgunhas das máis importantes colaboracións científicas internacionais, como os laboratorios da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Instrumentos de Visión conmemora o 25º aniversario do IGFAE e os 70 anos da fundación do CERN.

010

A materia peza a peza

05.11.2024

02.Edu.Lab

009

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

21.06.2024

01.Art.Lab

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

21.10.2024

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab