Con Tinus van de Pas (Fundador e CEO de TTalent)
Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

Coñecendo de preto Brainport Eindhoven
Seguindo a liña de traballo de achegar a investigación que se desenvolve no IGFAE á sociedade e a economía, a Unidade de Innovación, Coñecemento e Transferencia de Tecnoloxía do Instituto organiza un encontro para coñecer de preto Brainport Eindhoven, a rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa.
Máis información sobre a actividade https://igfae.usc.es/igfae/seminar/1076
Encontro con Tinus Van de Pas, de TTalent
Tinus van de Pas é o fundador e CEO de TTalent, unha axencia de captación de xóvenes profesionais especializados en tecnoloxía e TI, situada na área de Brainport Eindhoven.
A actividade pretende achegar ao persoal do IGFAE (principalmente doutorandos e posdoutorados), as oportunidades de desenvolvemento profesional que pode ofrecer esta área.