Videoxogo desenvolvido por IGFAE
Einstein Rocket
↓ Descargar xogo : EinsteinRocketGame
Sobre o proxecto
O videoxogo Einstein Rocket é unha consola de pilotaxe dunha nave espacial que é capaz de alcanzar velocidades comparables á da luz. O escenario da viaxe sitúase entre a Terra e Próxima B, o planeta extrasolar máis próximo que se coñece. Ao xogar hai que ter en conta non só a posición da nave no espazo, senón tamén a diferente evolución temporal nos reloxos de abordo ou da base terrestre. Deste xeito, o fin da misión pode ser, ademais de ir e regresar do planeta Próxima B, tratar de facelo xerando un desfasamento xeracional concreto. Con este videoxogo desenvolvido polo IGFAE preténdese adquirir unha intuición sobre as regras que rexen o movemento no espazo-tempo.