1ª edición Residencias ArtLab IGFAE

O IGFAE e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia uníronse en 2025 para tecer fíos entre a física e a creación artística contemporánea galega, lanzando a primeira convocatoria das Residencias ArtLab IGFAE.

A proposta seleccionada foi “Outro e sobre si”, do artista Andrés Rodís (Santiago de Compostela, 2000), que desenvolveu durante varios meses a súa estadía no IGFAE e nos espazo REGA da Cidade da Cultura.

En outubro de 2026 inaugurarase unha exposición no Gaiás, na que se amosará o traballo realizado durante esta residencia.


Residencia 2025/2026
Andrés Rodís

 

Fundación Cidade da Cultura - USC - Xunta de Galicia
Artista seleccionado: Andrés Rodís

Blog da residencia de Andrés Rodís

Tecendo fíos entre a física e a arte contemporánea

As Residencias ArtLab IGFAE ofrecerán ao proxecto elixido a posibilidade de traballar durante varias semanas no centro, que acaba de inaugurar a súa nova sede no edificio do Monte da Condesa.

Para familiarizarse coas diversas áreas da física nas que traballa o Instituto, habilitarase un espazo de traballo no propio IGFAE, achegándose así ás investigacións e proxectos do Instituto, os seus obxectivos, os métodos científicos empregados e os enfoques experimentais desenvolvidos.

Durante a estadía, a proposta seleccionada recibirá tamén titorización científica e artística, mediante colaboracións co persoal do IGFAE e profesionais con experiencia no comisariado e xestión de proxectos artísticos. A residencia tamén se realizará nos espazos REGA da Cidade da Cultura, onde poderá tirar proveito dun espazo de traballo propio e dos equipamentos, recursos técnicos e humanos da Cidade da Cultura.

Aberta a todo tipo de formatos

A convocatoria ábrese a persoas ou colectivos relacionados co contexto da arte contemporánea galega, en todo tipo de formatos artísticos (pintura, escultura, fotografía, artes de acción, arte obxectual, arte sonora, arte en rede, arte interactiva, arte participativa, entre outras). As propostas deberán abrirse ás novas perspectivas no campo da arte, da ciencia, da tecnoloxía e da sociedade, ben a través dunha obra totalmente nova ou da ampliación dunha obra en curso.

Financiamento

A proposta seleccionada recibirá unha achega de 8.000 euros, ademais do aloxamento nunha residencia universitaria durante o desenvolvemento do proxecto.

 

Bases da convocatoria e formulario de solicitudes

Convocatoria resolta

001

Data Science & Complexity in Fundamental Physics 2026

08.06.2026

03.Tech.Lab

002

2ª edición Residencias ArtLab IGFAE

01.Art.Lab

003

O zoom cuántico

12.11.2025

01.Art.Lab

004

Obradoiro de emprendemento

26.09.2025

03.Tech.Lab

005

1ª edición Residencias ArtLab IGFAE

01.Art.Lab

006

Tech Transfer Day at IGFAE

16.06.2025

03.Tech.Lab

007

A materia peza a peza

05.11.2024

02.Edu.Lab

008

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

21.06.2024

01.Art.Lab

009

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

010

Proxecto MEDRA

21.10.2024

02.Edu.Lab

011

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

012

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

013

Transfronteirizas

01.Art.Lab

014

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

015

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

016

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab