O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), oferta un contrato indefinido para o desenvolvemento e optimización das estratexias de difusión da actividade de investigación e innovación do IGFAE.

FUNCIÓNS A REALIZAR:

– Implantación e actualización das estratexias de comunicación.
– Xestión, produción e redacción de contidos e xestión de redes sociais e web.
– Organización e xestión de eventos científicos e de divulgación científica.
– Promoción da equidade e diversidade.

REQUISITOS E MÉRITOS

Titulación requerida: Grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalentes.

Méritos a valorar:

– Grao/Licenciatura en Comunicación Audiovisual, Xornalismo ou equivalente (20 puntos)
– Inglés, nivel B2 ou equivalente (10 puntos)
– Formación específica acreditable en comunicación científica, xestión de redes sociais, deseño gráfico, comunicación e marketing, vídeo e imaxe, promoción da equidade e a diversidade e recursos educativos (15 puntos)
– Experiencia laboral acreditable en comunicación, así como en desenvolvemento e implantación de políticas de igualdade en entidades dedicadas ao coñecemento científico (30 puntos)
– Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás persoas candidatas que na suma do resto dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (25 puntos)

CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO

– Duración do contrato: indefinido.
– Retribución bruta mensual: 2.163,82 €
– Xornada laboral: tempo completo (35 horas semanais).
– Categoría laboral: Técnico/a superior de xestión (I.2)
– Centro de traballo: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Santiago de Compostela (A Coruña).

SOLICITUDES

As solicitudes faranse a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. Xunto ao formulario de solicitude deberá anexarse o Curriculum Vitae.

Información das bases reguladoras e ligazón para enviar solicitudes: http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=4923&t=9&st=0

Inicio de presentación solicitudes: luns, 20 febreiro 2023.

Fin de prazo para enviar solicitudes: venres, 24 febreiro 2023 ata as 23:59 horas.

Para consultas, mandar un email a jobs@igfae.usc.es, indicando no asunto [REFERENCIA DA PRAZA: 2022-LU054].

O IGFAE é unha institución que ofrece igualdade de oportunidades e comprométese a aumentar a diversidade do seu persoal, polo que acolle con especial satisfacción as solicitudes de mulleres, minorías e persoas con discapacidade. O IGFAE dispón dun Plan de Igualdade e Diversidade e traballa activamente para aumentar o equilibrio de xénero, xeográfico e de minorías dentro do instituto. Ofrecemos un horario flexible para conciliar a vida laboral e familiar.

O IGFAE

O IGFAE é un instituto que forma parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Red CIGUS) e foi acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu polo Ministerio de Ciencia durante 2017-2021.

A investigación científica do Instituto organízase ao redor de tres áreas que constitúen a base da planificación estratéxica: O Modelo Estándar ata os Límites, Partículas Cósmicas e Física Fundamental, e Física Nuclear desde o Laboratorio para mellorar a saúde das persoas. Recentemente creouse unha liña transversal para debater a estratexia de novas oportunidades no campo das instalacións internacionais. Ademais, a actividade do IGFAE divídese nunha sección experimental e outra teórica. Acolle a máis de 140 persoas que participan en instalacións experimentais como o CERN, LIGO, GSI/FAIR e o Observatorio Pierre Auger.

O IGFAE ofrece unha contorna moi estimulante e oportunidades únicas de desenvolvemento da carreira profesional. Ofrecemos formación en soft skills para mellorar a empregabilidade futura e o éxito profesional dos nosos investigadores, incluíndo a transferencia de tecnoloxía, o espírito empresarial, a difusión e a perspectiva de equidade/diversidade.