Obradoiro de emprendemento

Pablo Cabanelas, responsable de Transferencia de Tecnoloxía do IGFAE, imparte un obradoiro ao alumnado do Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica. O obradoiro divídese en dúas sesións, que terán lugar os días 26 de setembro e 24 de outubro de 2025

TechLab - MQIST - emprendemento
26.09.2025 - 24.10.2025

Venres 26 de setembro (15.30) | Creatividade e protección da innovación

Nesta sesión exploraremos como converter unha boa idea nun paso cara á innovación. Con exemplos concretos veremos algunha técnica de creatividade aplicadas á ciencia e a tecnoloxía, e repasaremos de maneira práctica as principais formas de protexer os resultados: desde patentes ata licenzas abertas. O obxectivo é ter ferramentas claras e exemplos inspiradores para recoñecer o potencial das ideas e saber como darlles forma e protección.

Venres 24 de outubro (hora por determinar) | Emprendemento no Sector Tecnolóxico

Esta sesión convida a dar o salto da investigación ao emprendemento. Partindo dun exemplo real, veremos como validar unha idea e esbozar un modelo de negocio sinxelo. Con casos breves de éxito e fracaso aprenderemos a mirar a investigación con perspectiva emprendedora e a identificar os primeiros pasos que poden achegar unha tecnoloxía científica ao mercado e á sociedade.

003

Obradoiro de emprendemento

26.09.2025

03.Tech.Lab

Residencias ArtLab IGFAE

02.07.2025

01.Art.Lab

002

Tech Transfer Day at IGFAE

16.06.2025

03.Tech.Lab

010

A materia peza a peza

05.11.2024

02.Edu.Lab

009

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

21.06.2024

01.Art.Lab

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

21.10.2024

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab