Unha peza musical de Sumrrá inspirada na física cuántica
O zoom cuántico
Fusión de jazz e física
Sumrrá, o trío de jazz formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería Lar Legido, celebrou o seu 25º aniversario no ano 2025. E fíxoo explorando novas vías cunha iniciativa en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
O mércores 12 de novembro, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Sumrrá estreou unha peza dedicada á física cuántica, no marco dun concerto comentado, que tamén contou coa participación do investigador do IGFAE Manuel Caamaño.
A actividade enmarcouse na Semana da Ciencia do IGFAE, que na súa novena edición conmemorou Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas. Con esta efeméride conmemórase o centenario da publicación dalgúns dos artigos máis relevantes para a construción da mecánica cuántica, a teoría que describe as propiedades dos elementos fundamentais da materia, da man de autores como Einstein, Planck, Böhr, Schrödinger, Heisenberg, De Broglie, Born ou Dirac.
O zoom cuántico
O repertorio do concerto centrouse no álbum “7 visións”, publicado por Sumrrá en 2021, no que o grupo compostelán asumiu o exercicio inspirador de “coller perspectiva e replantexarse a través da música a nosa propia existencia”.
Xunto a este álbum, o grupo estreou a composición creada co gallo da colaboración co CESGA e o IGFAE. da man de investigadores de ambas institucións como Manuel Caamaño, Héctor Álvarez, Javier Mas ou Andrés Gómez-
A peza leva o título A oitava visión. O zoom cuántico, e nela “xogamos coa idea de transicion dende a física clásica ata a revolucion cuántica, e de como a visión da mesma realidade pode mudar dependendo da posición, proximidade, atencion ou tecnoloxía”, explica o trío. “Nesta oitava visión, partindo dunha realidade de física clásica e animal, xogamos coa idea dun zoom tecnoloxico co que percibir a mecánica cuántica”, apunta o trío.