TRN.03

01.Art.Lab

Cibrán Santamarina (Investigación IGFAE) conversa con

Ricardo Gurriarán

Conversas - Transfronteirizas
01.10.2020

Schrödinger en Santiago e outras anécdotas científicas co historiador Ricardo Gurriarán, próximo invitado do ciclo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”

O historiador barquense Ricardo Gurriarán participará no terceiro diálogo do ciclo organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é explorar o binomio arte-ciencia con personalidades do ámbito cultural e artístico. Moderado polo investigador do IGFAE Cibrán Santamarina, poderá seguirse en directo o vindeiro martes, 22 de setembro, ás 19:00 horas a través da canle de Youtube do IGFAE.

“Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” volve tras o parón estival cun especialista en reconstruír a memoria científica ligada a Galicia: Ricardo Gurriarán. Este historiador súmase, tras o paso de Rosa Montero e José “Pepe” Gordon, a este ciclo de entrevistas virtuais para reflexionar acerca das conexións entre a física, a ciencia e a cultura, e descubrirnos algúns detalles sobre a primeira visita dun premio Nobel a Galicia, Erwin Schrödinger, quen pronunciou unha conferencia na Universidade de Santiago (USC) o 3 de agosto de 1934. O público poderá seguir e participar en directo neste diálogo, dirixido polo investigador do IGFAE e profesor da USC, Cibrán Santamarina, na canle de Youtube do IGFAE o vindeiro martes 22 ás 19:00 horas (España).

Ricardo Gurriarán Rodríguez (O Barco de Valdeorras, 1953), licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid, foi profesor no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977 ata a súa xubilación. En 2004, conseguiu o título de Doutor en Historia Contemporánea pola USC coa tese A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil. O seu compromiso coa reconstrución da memoria histórica de Galicia e o seu interese polos estudos de ciencias leváronlle a ser asesor científico da película Os fillos do sol e recibir o premio Lois Peña Novo 2015.

Arte, ciencia e sociedade

Organizado polo ArtaLab do IGFAE, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, ‘Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia‘ é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en Youtube no que se convidan a figuras do ámbito cultural a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia co noso persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinar.

Canle de Youtube do IGFAE: https://www.youtube.com/c/IGFAE

 

Residencias ArtLab IGFAE

02.07.2025

01.Art.Lab

002

Tech Transfer Day at IGFAE

16.06.2025

03.Tech.Lab

010

A materia peza a peza

05.11.2024

02.Edu.Lab

009

Instrumentos de Visión, de Armin Linke

21.06.2024

01.Art.Lab

001

Achegándose á rexión tecnolóxica máis innovadora de Europa

15.02.2024

03.Tech.Lab

008

Proxecto MEDRA

21.10.2024

02.Edu.Lab

007

Aprendendo física con Lego

02.Edu.Lab

006

Einstein Rocket

12.11.2020

02.Edu.Lab

001

O soño musical dos mapas celestes

07.09.2021

01.Art.Lab

O soño musical dos mapas celestes

005

Transfronteirizas

01.Art.Lab

003

Construción de cámara de néboa

09.10.2021

02.Edu.Lab

002

Cosmoloxías

28.02.2021

01.Art.Lab