Organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Iberian Strings 2020 é a undécima reunión anual da comunidade teórica de cordas española e portuguesa, na que se comentan os desenvolvementos recentes no campo da supergravidade, cordas, branas e teorías gauge. Especialistas en teoría de cordas de fóra da Península Ibérica participarán no congreso, que terá lugar entre o 15 e 17 de xaneiro na Hospedería San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.
Esta serie de conferencias continúan o “Obradoiro sobre aspectos gravitacionais das cordas e as branas” e o “Cordas do noroeste” que os teóricos da cordas ibéricas levaban organizando dende principios dos anos 2000. As edición anteriores de Iberian Strings tiveron lugar en Barcelona (2019), Granada (2018), Lisbon (2017), Madrid (2016), Salamanca (2015), Palencia (2014), Lisbon (2013), Bilbao (2012), Valencia (2011) e Oporto (2010).