Un dos piares da progresión do IGFAE nos vindeiros anos será un plan de recursos humanos propio que garanta un óptimo desenvolvemento profesional do persoal do Instituto. Deste xeito, e en camiño cara a unha maior autonomía, o IGFAE dará os primeiros pasos para ofrecer unha carreira investigadora propia.
Para isto, ademais do reforzo da Unidade de Xestión, o Instituto nomeará un Director Asociado de Carreira e Formación. Este cargo será o responsable de organizar as convocatorias de contratación, desenvolver o plan de mentorización e coordinar as solicitudes ás convocatorias externas de financiamento, así como os programas de formación e de persoal investigador visitante.
Neste sentido, e para garantir unha atención integral ao persoal do Instituto, crearase a figura de Ombudsperson. Esta persoa velará polo mantemento dunha contorna propicia para o desenvolvemento persoal e o coidado da saúde física e mental dos membros do Instituto.
Dentro do programa de desenvolvemento de carreira, o IGFAE ofrece ao seu persoal un plan de formación, en materias tanto específicas como transversais.
Os cursos adoitan desenvolverse durante unha semana, e organízanse con periodicidade semestral. Algúns exemplos:
– Course on Scientific Communication (14 – 16 November 2018)
– Galician Gravitational Wave Week (G2W2) (14 – 18 January 2019)
– Course on Classical and Quantum Integrable Systems (16 – 20 September 2019)
– Course: Introduction to Quantum Computing (20 – 23 January 2020)
– Advanced Computing and Machine Learning (25 May – 3 June 2020)
– Course on Black Holes and Quantum Information (29 June – 13 July 2021)
– Integrability, Dualities and Deformations (23 – 27 August 2021)
– Course on Neutron Star Physics (15 – 19 November 2021)
– Course on Light-Cone Techniques applied to QCD (21-25 November 2022)
– Data Science in Fundamental Physics (3-5 June 2024)
– Mini-course on some aspects of the SYK Model (9-17 July 2024)
– Fundamental Physics in the Virtual World | Introductory course to Unity (May 16 2025)
O IGFAE achega tamén as facilidades necesarias para acceder a formación noutras materias (cursos de idiomas, xestión tributaria, comunicación e divulgación científica, deportes, cultura, e outras disciplinas) en cursos impartidos pola USC, a Rede de Centros CIGUS da Xunta de Galicia ou a alianza SOMMa de Centros de Excelencia.