Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Organización

No marco da profunda transformación dos últimos anos, o IGFAE estableceu un novo modelo de gobernanza e de xestión en tódalas súas estruturas, adaptándose ás reformas globais no eido da investigación e a normativa vixente.

Xunta de Goberno

É o principal órgano de goberno, representación e administración do Instituto. Está composto por seis membros con dereito a voto:

– Reitora da USC

– Tres representantes da Xunta de Galicia

– Dous representantes da USC

Tamén participan nas reunións, con voz, pero sen voto, a dirección e a secretaría do IGFAE.

Entre as súas competencias figuran o establecemento da estratexia do Instituto, a súa xestión económica, gobernanza, organización e xestión de persoal, así como o nomeamento do Comité Científico Asesor e as posibles modificacións do regulamento interno.

Comité Científico Asesor (SAB)

O IGFAE conta cun Comité Científico Asesor externo (Scientific Advisory Board – SAB), composto por persoas expertas e recoñecidas internacionalmente en diferentes campos da física. O SAB supervisa e analiza a evolución dos obxectivos científicos e clasifica o rendemento do IGFAE, os programas científicos e o persoal investigador, así como as novas afiliacións.

As últimas reunións do SAB celebráronse en 2024, 2022, 2021 e 2019.

Sergio Bertolucci

Profesor da Universidade de Boloña e director científico do CERN entre 2009 e 2015

Barbara Erazmus

Directora de investigación no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS), directora adxunta de NuPECC e portavoz da colaboración ALICE do CERN entre 2020 e 2022

Paolo Giubelino

Presidente da Commisione Scientifica Nazionale III do Instituto Nazionale di Fisica Nucleare, director científico de GSI-FAIR entre 2017 e 2024 e portavoz de ALICE entre 2011 e 2016

Gabriela González

Profesora da Universidade Estatal de Lousiana e portavoz da colaboración LIGO entre 2011 e 2017

Francis Halzen

Premio Nobel de Física 2026. Profesor da Universidade de Wisconsin e promotor das colaboracións IceCube e AMANDA

Giulia Zanderighi

Directora xeral do Instituto de Física Max Planck.

Comité Científico (SC)

Este grupo está formado por persoal científico incluído no EB e representantes de cada programa de investigación. Asesora á dirección do IGFAE na estratexia científica do centro e a súa aplicación e as políticas de contratación, servindo ademais como canle de comunicación entre a dirección e o persoal do centro:

  1. Jaime Álvarez Muñiz
  2. Néstor Armesto Pérez
  3. Xabier Cid Vidal
  4. Beatriz Fernández Domínguez
  5. Abraham Gallas Torreira
  6. Elena González Ferreiro
  7. José Ángel Hernando Morata
  8. José Luis Miramontes Antas
  9. Juan José Saborido Silva
  10. Carlos A. Salgado López
  11. Enrique Zas Arregui

Xunta Executiva (EB)

Formado pola dirección, a dirección adxunta, a coordinación das áreas estratéxicas e membros da Unidade de Xestión. O EB coordina as operacións e asiste ao director nas decisións que se toman na actividade cotiá do centro:

  1. Jaime Álvarez Muñiz
  2. Néstor Armesto Pérez
  3. Beatriz Fernández Domínguez
  4. Abraham Gallas Torreira
  5. Elena González Ferreiro
  6. Carlos A. Salgado López
Regulamento de réxime interno do IGFAE (PDF)