Un estudo realizado por John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford, Kevin W. Boyack de SciTech Strategies e Jeroen Baas da empresa Elsevier revela a lista dos científicos e científicas de maior impacto mundial. Dos 160.000 investigadores, 39 son da Universidade de Santiago e 6 do IGFAE.

A clasificación lista aos investigadores que se atopan no primeiro 2% de cada unha dos 22 campos e 176 subcampos científico segundo o índice de impacto (índice h) e número de citas dos seus artigos publicados, entre outros indicadores habituais do mundo investigador. Devanditos indicadores extráense de Scopus, a base de datos bibliográfica de resumos e citas de artigos de revistas científicas con revisión por pares máis grande do mundo.

Máis información:

Baas, Jeroen; Boyack, Kevin; Ioannidis, John P.A. (2020), “Data for “Updated science-wide author databases of standardized citation indicators””, Mendeley Data, V2, doi: 10.17632/btchxktzyw.2

http://dx.doi.org/10.17632/btchxktzyw.2