O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, acolleu na mañá do luns a visita da portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón.
A vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Bermejo, o director do IGFAE, Carlos Salgado, e o director científico asociado do Instituto, Abraham Gallas, recibiron á delegación do BNG. Ana Pontón estivo acompañada polos tamén deputados do Parlamento de Galicia, Luís Bará, viceportavoz parlamentario, e Cristina Fernández, deputada da área de educación.
Despois de manter unha reunión coa dirección do centro e a USC, a visita continuou cun percorrido polas instalacións do IGFAE, coñecendo o traballo do persoal investigador.