Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Seminar

Wikimaratón de Física de Partículas

Speaker

Antonio Prieto Cuba (Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias (IGFAE))

Date

13/11/2025 15:30 (CET)

Place

Sala de Xuntas

O IGFAE acolle a primeira edición do Wikimaratón de Física de Partículas, unha iniciativa que nace co obxectivo de crear contido na Wikipedia en galego relacionado coa física de altas enerxías, física de astropartículas, física nuclear e áreas relacionadas.


O evento está dirixido ao persoal do IGFAE e aberto a estudantes do grao de Física da USC, titulacións afíns e calquera persoa con interese pola física de partículas. Terá lugar de forma presencial, pero tamén é posible colaborar de forma virtual creando ou mellorando artigos. Requírese inscrición previa, e é oportuno que as persoas participantes teñan unha conta de usuario.


A inscrición poderá realizarse nesta ligazón.


Páxina web do evento, con máis información.


Programa:

  • 15:30 - 16:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia.
  • 16:30 - 17:30 Wikimaratón de artigos.
  • 17:30 - 17:45 Pausa para café.
  • 17:45 - 19:00 Wikimaratón de artigos.