Sergio Bertolucci
(Universitá di Bologna) CERN Director de investigación 2009-2016.
No marco da profunda transformación dos últimos anos, o IGFAE estableceu un novo modelo de gobernanza e de xestión en tódalas súas estruturas, adaptándose ás reformas globais no eido da investigación e a normativa vixente
Comité Científico (SC)
Este grupo está formado por persoal científico incluído no EB e representantes de cada programa de investigación. Asesora á dirección do IGFAE na estratexia científica do centro e a súa aplicación e as políticas de contratación, servindo ademais como canle de comunicación entre a dirección e o persoal do centro:
Xunta Executiva (EB)
Formado pola dirección, a dirección adxunta, a coordinación das áreas estratéxicas e membros da Unidade de Xestión. O EB coordina as operacións e asiste ao director nas decisións que se toman na actividade cotiá do centro: