• Esta iniciativa visibiliza a vida da codescubridora da fisión nuclear, cuxo Nobel foi concedido en solitario a Otto Hahn, o seu compañeiro de laboratorio en 1944
  • Haberá dúas representacións: unha para público xeral o 24 de outubro e outra para centros de secundaria o 25 de outubro.
  • A entrada é de balde con inscrición previa ata esgotar prazas

Lise Meitner foi unha de tantas pioneiras científicas esquecidas na historia: a principios do século XX as súas contribucións para descubrir a fisión nuclear foron cruciais, pero foi ignorada polo comité do Premio Nobel. “Proxecto Meitner: Recordando a Lise Meitner” é unha obra de teatro para todo público promovida polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) que pretende recuperar a memoria desta investigadora e facer xustiza co lugar que ocupa na historia da ciencia. A primeira se celebrará o lúns 24 de outubro ás 21:00 h para público xeral e o segundo pase o martes 25 ás 10:00 h, destinado exclusivamente a centros de secundaria e que se complementará cun coloquio posterior con físicas e artistas do espectáculo. Ambas as representacións serán en castelán no Auditorio Abanca de Santiago. A entrada é de balde con inscrición previa no seguinte formulario ata completar capacidade: bit.ly/meitnerIGFAE

Esta obra de teatro científico chegará a Santiago de Compostela no marco do congreso European Nuclear Physics Conference 2022 (EuNPC 2022) organizado polo IGFAE entre o 24 e o 28 de outubro.  É una iniciativa impulsada  polo Instituto de Física Corpuscular (IFIC) do CSIC e a Universitat de València coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e o Instituto Valenciano de Cultura, a Fundación Xeral CSIC e a Unitat de Igualtat da Universitat de València tamén cuxa produción artística corre a cargo da compañía teatral CRIT.

Nobel negado á codescubridora da fisión nuclear

Lise Meitner naceu en Viena o 7 de novembro de 1878. A educación que recibeu por parte da súa familia permitíulle chegar á  universidade, estudar física e converterse na segunda muller doutora da Universidade de Viena en 1906.  Ao terminar o seu doutoramento, Lise solicitou entrar como estudante no laboratorio Curie, pero  foi rexeitada por falta de prazas. Entón decidiu viaxar a Berlín para afondar os seus coñecementos no campo da radiactividade. Alí coñeceu ao seu gran amigo e colega Otto Hahn con quen estableceu unha estreita colaboración científica de case máis de 30 anos. En 1938 Lise tivo que fuxir da Alemaña nazi e exiliarse a Suecia.  Xunto a Fritz Strassmann produciron o primeiro exemplo de fisión nuclear, aínda que non se dan conta do achado ata que Lise interpreta os resultados. Un ano despois Otto mandou á revista Nature o traballo omitindo a Lise: temía que lle acusasen de colaborar cunha xudía. Aínda que o papel de Lise foi crucial nos experimentos, só Otto recibiu en 1944 o Premio Nobel de Química por este descubrimento. Lise foi nomeada en 48 ocasións ao Nobel, pero nunca o recibiu. Si conseguiu moitos outros recoñecementos, entre eles o Premio Enrico Fermi en 1966 polas súas contribucións á física. Dous anos despois, en 1968, Lise falece en Cambridge con case 90 anos. Tras a súa morte sucedéronse numerosos nomeamentos e na actualidade varios premios teñen o seu nome. Lise Meitner ten o privilexio de ser a única científica que nomea en solitario un elemento da táboa periódica, o meitnerio.

Lise e Otto no seu laboratorio de Berlín arredor de 1910. Crédito: Archives of the Max Planck Society.

Datas:

  • Luns, 24 de outubro ás 21:00 horas. Obra para público xeral.
  • Martes, 25 de outubro ás 10:00 horas. Obra + coloquio para centros de secundaria

Lugar: Auditorio Abanca. Rúa Preguntoiro 23, Santiago de Compostela.

Duración: 1 hora. Duración coloquio: 30 minutos.

Inscricións: entrada libre ata esgotar aforo. As prazas resérvanse por estrito orde de inscrición: bit.ly/meitnerIGFAE