Global Talent
Este programa propio de captación de persoal pretende atraer ao IGFAE a persoal de excelencia, procedente de calquera parte do mundo, para desenvolver os seus proxectos de investigación. Desde a súa primeira edición 2017, o Global Talent está a supoñer un notable pulo para o crecemento do Instituto, reforzando as liñas de investigación e mesmo abrindo novos campos de traballo.
Programa de doutoramento internacional
O IGFAE ofrece unha atmosfera agradable e estimulante para as mozas e mozos que desexen iniciar a súa carreira investigadora no Instituto. O Programa de Doutoramento de Física Nuclear e de Partículas, cunha clara vocación global, enmárcase nos estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela.
Desenvolvemento de carreira
No marco do novo plan estratéxico, o Instituto esta a consolidar o apoio individualizado a cada unha das persoas que compoñen o seu equipo. Deste xeito, reforzaranse as ferramentas e servizos de apoio na presentación de convocatorias externas, impulsarase un plan para persoal investigador visitante, e asignarase mentorización a todo o alumnado de doutoramento, posdoutoral e júnior.
IGNITE
Esta convocatoria interna pretende estimular as ideas innovadoras e a colaboración interdisciplinar entre os diferentes programas de investigación do IGFAE, cun claro enfoque na transferencia de tecnoloxía e o balance de xénero. É un dos instrumentos clave do novo Plan Estratéxico financiado pola Unidade de Excelencia María de Maeztu e a rede CIGUS.
As axudas IGNITE foron fundamentais para impulsar a axenda científica do centro desde a súa primeira convocatoria en 2019.