Santiago acolle unha reunión para deseñar o futuro detector VELO do experimento LHCb do CERN

03.05.2024
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, convoca a quinta edición das súas bolsas de verán, dirixidas a alumnado de grao universitario. Esta convocatoria está financiada pola Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. O prazo de solicitudes abrirase o mércores 8 de maio, e estará aberto ata o 22 de maio ás 23.59 (CEST).
As bolsas de verán teñen o obxectivo de fomentar a iniciación do alumnado en proxectos de investigación, no marco do labor científico que se desenvolve no IGFAE. O alumnado interesado integrarase no traballo dalgunha das áreas estratéxicas de investigación do IGFAE, ou ben nalgún dos departamentos da Unidade de Xestión.
Convócanse un mínimo de 10 prazas, nas seguintes condicións:
Sobre o IGFAE
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), é un centro de investigación creado en 1999 pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia. Naceu co obxectivo de coordinar e fomentar a investigación científica e técnica nos campos da Física de Alta Enerxía, Partículas e Nuclear, e áreas relacionadas como a Astrofísica, a Física Médica ou a Instrumentación. Acolle a máis de 140 persoas que participan en instalacións experimentais como o CERN, LIGO, GSI/FAIR ou o Observatorio Pierre Auger, entre outras.
O labor científico do IGFAE e a súa proxección internacional outorgáronlle, en dúas ocasións, a acreditación como Unidade de Excelencia María de Maeztu, que concede a Axencia Estatal de Investigación. Ata o momento, e o único centro galego que acadou este prestixioso selo. O IGFAE conta tamén co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
O IGFAE é unha institución que ofrece igualdade de oportunidades e comprométese a aumentar a diversidade do seu persoal, polo que acolle con especial satisfacción as solicitudes de mulleres, minorías e persoas con discapacidade. O IGFAE dispón dun Plan de Igualdade e Diversidade e traballa activamente para aumentar o equilibrio de xénero, xeográfico e de minorías dentro do instituto. Ofrecemos un horario flexible para conciliar a vida laboral e familiar.