Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

19.11.2026

O IGFAE acolle USTS 2026, un congreso internacional sobre investigación en láseres ultrarrápidos

Foto: Santi Alvite - USC.
Foto: Santi Alvite - USC.

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 (USTS 2026) botou a andar este mércores 18 de novembro na sede do IGFAE. Este foro, que se estende ata o venres 20, reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.

Durante estes tres días, USTS 2026 acollerá conferencias, comunicacións orais e sesións de pósters, que reunirán a preto dun cento de profesionais. O encontro está organizado polo propio IGFAE e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC, coa colaboración da Sociedad Española de Óptica, o Centro de Láseres Pulsados e a Asociación Científica de Óptica e Fotónica de Santiago. Así, no comité organizador do congreso figuran o investigador do IGFAE Aarón Alejo (tamén membro do comité científico) e a investigadora predoutoral Judith Reyes Martín.

No acto inaugural participaron a reitora da USC, Rosa M. Crujeiras; a catedrática da USC e presidenta do comité local organizador do Congreso USTS 2026, Maite Flores Arias; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e a presidenta do Grupo Especializado de Láseres Ultrarrápidos da Real Sociedad Española de Física, Crina Cojocaru.

Foto: Santi Alvite - USC.

Foto: Santi Alvite – USC.