Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

22.07.2026

O IGFAE acolle a asemblea xeral do consorcio europeo de física de astropartículas

A sede do IGFAE en Santiago de Compostela recibiu nos días 20 e 21 de xullo aos representantes da asemblea xeral de APPEC, o Consorcio Europeo de Astrofísica de Partículas (Astroparticle Physics European Consortium). Esta entidade reúne a representantes dos países comunitarios, co obxectivo de fortalecer a cooperación internacional neste ámbito de investigación, situado na intersección da astronomía, a física de partículas e a cosmoloxía.

A asemblea xeral é o principal órgano estratéxico, decisorio e de supervisión da APPEC, sendo responsable da política xeral e dos procedementos a entidade. Nela analízase o estado dos grandes proxectos internacionais en marcha no ámbito da física de astropartículas, defínense as liñas estratéxicas de investigación e refórzase a coordinación entre os distintos países europeos.

Na reunión en Santiago abordáronse cuestións como a incorporación de Canadá a APPEC ou a actualización da estratexia europea de astropartículas para o período 2027-2036, que marcará o camiño a seguir en áreas de estudo como a materia ou enerxía escura, os neutrinos, os raios cósmicos de alta enerxía, as ondas gravitacionais, os raios gamma, o fondo cósmico de microondas ou

No encontro no que actuou como anfitrión José Ángel Hernando Morata, investigador do IGFAE e membro das colaboracións internacionais NEXT e HyperKamiokande, déronse cita algo máis dunha decena de membros da asemblea, que na actualidade coordina o investigador español Carlos Peña Garay, director do Laboratorio Subterráneo de Canfranc.