Un experimento liderado polo IGFAE atopa novas evidencias sobre os cambios no núcleo atómico cando se engaden neutróns
09.06.2026
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, convoca de novo neste 2026 o seu programa de Bolsas de Verán.
O obxectivo destas bolsas é achegar á investigación ao alumnado de grao universitario de todo o mundo, atraendo estudantes de alto nivel que teñan interese en desenvolver prácticas extracurriculares no marco dun proxecto científico.
As persoas seleccionadas integraranse na actividade cotiá do IGFAE, acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu pola Axencia Estatal de Investigación, e membro da rede CIGUS da Xunta de Galicia, que recoñece a calidade e impacto da súa investigación.
As solicitudes poderán dirixirse a calquera das áreas de traballo do centro, como son a física de partículas, astropartículas e nuclear ou a ciencia e tecnoloxía cuánticas. Tamén se reservan bolsas dirixidas a perfís doutras áreas de coñecemento, que se integrarán na unidade de xestión, e labores de comunicación ou divulgación.
O prazo de solicitudes iniciarase o 10 de xuño de 2026, e estará aberto ata o 16 de xuño ás 23.59 (CEST).
Ligazóns:
Convócanse un mínimo de 6 prazas, nas seguintes condicións:
Para máis información: jobs@igfae.gal
Sobre o IGFAE
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), é un centro de investigación creado en 1999 pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia. Naceu co obxectivo de coordinar e fomentar a investigación científica e técnica nos campos da Física de Altas Enerxías, Astropartículas, Nuclear e Ciencia e Tecnoloxía Cuánticas. Acolle arredor de 140 persoas que participan en instalacións experimentais como o CERN, o Observatorio Pierre Auger, LIGO, GSI/FAIR, GANIL ou Hyper Kamiokande, entre outras.
O centro foi acreditado en dúas ocasións (2017 e 2023) como Unidade de Excelencia María de Maeztu por parte da Axencia Estatal de Investigación do Goberno de España. Tamén forma parte da rede CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e o impacto da súa investigación. Está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027.
No eido formativo, o persoal do IGFAE, como parte do equipo docente e investigador da Facultade de Física da USC, titoriza na actualidade traballos de fin de grao e mestrado. Ademais, o centro impulsa todos os anos un programa de Bolsas de Verán para alumnado de grao, e tamén ofrece unha liña de contratos de iniciación á investigación, o que supón a oportunidade de achegarse á vida diaria dun centro de referencia en física de partículas. Na etapa de doutoramento, o Instituto acolle na actualidade a máis de 60 estudantes que desenvolven a súa tese.
O IGFAE é unha institución que ofrece igualdade de oportunidades e comprométese a aumentar a diversidade do seu persoal, polo que acolle con especial satisfacción as solicitudes de mulleres, minorías e persoas con discapacidade. O centro ofrece un horario flexible para conciliar a vida laboral e familiar.