Un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organiza unha Masterclass de Física de Partículas o vindeiro xoves 12 de marzo  para estudantes do último curso de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica na que participan cada ano máis de 13.000 alumnos de 52 países.

Ata tres estudantes por centro e un docente poderán participar neste simulacro da actividade científica profesional. Co obxectivo de que poidan aproveitar a experiencia ao máximo, é importante a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés para a realización da videoconferencia. A inscrición realizarase por orde de solicitude neste formulario (https://igfae.usc.es/masterclass/index.php/inscricions/), priorizando a centros que participan por primeira vez. En casos excepcionais, coma o de centros con alto número de alumnos, poderase solicitar a asistencia dalgún alumno extra. A data límite de inscrición é o vernes 28 de febreiro. A organización farase cargo da manutención (xantar), pero non do transporte ata o campus universitario.

Máis información: https://igfae.usc.es/masterclass/

Como medida de prevención e responsabilidade ante o coronavirus, a masterclass foi cancelada. Pedimos desculpas polos transtornos que de seguro vai ocasionar. Estase a discutir a nivel da organización xeral de podelas programar para outro día. Se este fose o caso tratariamos de facelo no futuro.