O director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Salgado, foi nomeado o pasado 24 de xaneiro vicedirector do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN). Así aprobouno o Consello de Estratexia Científica (CEC) desta rede xurdida en 2007 e financiada baixo o programa Consolider-Ingenio 2010 cuxo fin é promover activamente a cooperación entre os grupos de investigación españois expertos en física de partículas, astropartículas e nuclear. A renovación do equipo complétase coa designación da investigadora do CSIC no Instituto de Física Corpuscular (IFIC) María José Costa como directora do CPAN, ademais da metade dos representantes das catro áreas temáticas do CPAN.

“A vertebración da comunidade española no CPAN xogou un papel clave para que España tivese un peso relevante nos experimentos internacionais máis punteiros e competitivos do campo, incluíndo importantes contribucións teóricas”, explica Costa, nova directora do CPAN. E engade: “O anterior equipo directivo do CPAN impulsou con forza este proxecto, manténdoo plenamente activo ao longo destes 16 anos, mesmo nos momentos máis difíciles de financiamento para a ciencia española. É un gran honor para nosos tomar agora o relevo, e traballaremos para que o CPAN siga sendo un referente.”

Traxectoria de Carlos Salgado

Carlos A. Salgado (Monforte de Lemos, Lugo; 1971) é físico teórico, profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela e director do IGFAE, así como director científico da correspondente Unidade de Excelencia María de Maeztu 2017-2021. Anteriormente foi tamén vicerrector de Internacionalización da mesma universidade. Durante os últimos dous anos, foi membro do Comité Executivo do CPAN, representando a área de Física Teórica.

O seu campo de investigación é o estudo da Cromodinámica Cuántica (QCD) en condicións de altas densidades ou temperaturas, así como as distribucións partónicas nucleares. A maior parte do seu traballo recente trata de entender a coherencia cuántica de cor dentro dos jets de QCD, que son chorros de partículas de altas enerxías orixinados por radiación de quarks e gluóns, e como usar esta información para determinar os procesos máis rápidos de termalización que observamos na natureza. Por exemplo, en colisións nucleares no LHC, un proceso termal prodúcese nuns poucos yoctosegundos, menos do que a luz tarda en atravesar un protón.

Salgado ha recibido dos proyectos del European Research Council: Hot and dense QCD in the LHC era (Starting Grant – Consolidator steam 2012-2017) y Yoctosecond imaging of QCD collectivity using jet observables (Advanced Grant 2019-2025).