SA2_NEXT
A ciencia foi capaz de acadar enormes achados desde comezos do século XX no ámbito da física. Pero moitos misterios seguen agardando a ser revelados. No ámbito da astrofísica e a cosmoloxía, a materia escura é unha das grandes incógnitas que perdura hoxe en día. Escapa ao Modelo Estándar, e estímase que corresponde con máis do 80% da materia que existe en todo o Universo. Porén, só podemos ‘vela’ a través dos efectos gravitatiorios que provoca, xa que non emite ningún tipo de radiación electromagnética.
SA2_GRWA
A primeira detección experimental das ondas gravitacionais, acadada pola colaboración LIGO no ano 2015, é un dos grandes fitos científicos do século XXI. Estas perturbacións no espazo-tempo están causadas por algúns dos fenómenos cósmicos máis violentos, como as fusións de buracos negros e estrelas de neutróns ou as explosións de supernovas, Deste xeito, estes eventos contribúen a validar a teoría da relatividade xeral exposta por Einstein en 1915.
SA2_AUGE
Estamos recibindo un continuo ‘bombardeo’ de raios cósmicos, que impactan connosco a velocidades próximas á da luz. Aproximadamente, cunha frecuencia de un raio por segundo nunha superficie como a da palma da man. Afortunadamente, é unha radiación inocua, pero resulta fascinante, pois procede de lugares moi afastados do universo.