SA1_LHCB
Área de investigación
Experimentos
O experimento Large Hadron Collider beauty (LHCb) do CERN céntrase en investigar o porqué do predominio da materia sobre a antimateria do universo a través do quark b (en inglés quark bottom, ou beauty). Para isto, entre outros obxectivos, estúdase a violación da simetría CP (paridade de carga). Nos últimos anos, o experimento LHCb foi sometido a unha completa actualización, coa que se agarda obter relevantes avances nos vindeiros anos.
O IGFAE é membro fundador de LHCb e hoxe en día o seu equipo é un dos maiores dentro do experimento, asumindo algúns cargos de liderado. Nos últimos anos, acadáronse fitos como o deseño e construción dos sensores do subdetector VELO (Vertex Locator), o desenvolvemento do novo supercomputador Allen, ou a proposta para o novo detector CODEX-b. Por outra banda, algunhas das análises de datos máis citadas e relevantes foron dirixidas por persoal do Instituto. O IGFAE tamén asume unha parte da gran cantidade de recursos de computación de LHCb, aloxando un centro de segundo nivel (Tier 2).
Principal investigator
María Vieites Díaz
Initial date
2024-09-01
Final date
2029-08-31
Agency
AEI - Agencia Estatal de Investigación
Principal investigator
Abraham Antonio Gallas Torreira
Initial date
2024-07-01
Final date
2025-07-03
Principal investigator
Antonio Romero Vidal
Initial date
2024-04-01
Final date
2026-06-30
Agency
AEI - Agencia Estatal de Investigación
Principal investigator
Xabier Cid Vidal
Initial date
2023-09-01
Final date
2026-08-31
Principal investigator
Abraham Antonio Gallas Torreira
Initial date
2023-09-01
Final date
2026-08-31