Tes interese pola ciencia e a xestión da investigación? Queres traballar nun ambiente internacional e de excelencia? O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, é un centro de investigación de vangarda comprometido co desenvolvemento de investigación de alto impacto, a atracción de talento internacional e a xeración de coñecemento con valor social e económico. No marco do reforzo da súa Unidade de Xestión, o centro abre un proceso de recrutamento para incorporar persoas con perfís diversos que contribúan ao apoio, coordinación e desenvolvemento estratéxico da súa actividade investigadora.
A Unidade de Xestión desempeña un papel clave na coordinación técnica, administrativa, financeira e estratéxica da investigación, garantindo unha execución eficiente dos proxectos, o cumprimento normativo e a aliñación coas políticas científicas nacionais e internacionais.
Profesionais con experiencia ou interese nunha ou varias das seguintes áreas clave:
Poderán incluír, entre outras, a administración e xestión de proxectos financiados, a coordinación cos equipos de investigación e áreas de execución, a comunicación con organismos financiadores, a promoción da incorporación de talento investigador e a garantía do cumprimento da normativa, das políticas científicas e dos principios da investigación responsable.
Esta convocatoria está dirixida a persoas con formación universitaria (valorarase especialmente o doutoramento en Física ou disciplinas afíns; no seu defecto, terase en conta o interese por esta ciencia), e experiencia ou capacidades demostrables en xestión da investigación, administración, innovación, ciencia, tecnoloxía ou áreas afíns, que desexen integrarse nun contorno dinámico, internacional e altamente colaborativo.
Valorarase especialmente a autonomía, a capacidade de traballo en equipo, proactividade, a comunicación eficaz e o compromiso cos valores de excelencia, integridade, diversidade e inclusión.
As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum vitae e unha carta de motivación a jobs@igfae.gal, indicando as súas áreas de interese e experiencia dentro da xestión da investigación. No caso de pasar á fase de entrevista, esta poderá realizarse en inglés, idioma habitual de traballo no centro.